Lonxevidade, felicidade e saúde
OM TARE TUTTARE TURE MAMA AYUR
PUNYE GYANA PUSTHIM KURU SUAHA
Un vello canto budista para a lonxevidade e a vitalidade, tamén chamado mantra de tara branca.
OM TARE TUTTARE TURE SVAHA
Este é o mantra tara verde, para a felicidade.
Tayata Om Bekanze
Bekanze Maha BeKanze
Radza Samudgate Soha
E un mantra para a saúde (con gran potencial curativo),
por Khenpo Pema Chopel Rinpoche.
Baba Yetu
A canción está en lingua swahili e resulta que é o "Noso Pai", en español o "Padre Nuestro". A verdade é que polo ritmo non o parecería, pero é que os Stanford Talisman fan artesanía excepcional coas súas voces.
Dúas cancións budistas
Namo ratna trayaya,
namo arya jnana,
sagara, vairochana.
byuhara jara tathagataya,
arahate, samyaksam buddhaya,
namo sarwa tathagate bhyay arhata bhyah,
samvaksam buddhe bhvah, namo arya avalokite.
shoraya bodhisattvaya,
maha sattvya, maha karunikaya ,
tadyata, om dara dara,
diri diri, duru duru.
itte we, itte chale chale,
purachale purachale,
kusume kusuma wa re,
ili milli, chiti jvalam, apanave shoha.
(Álbum "Tibetan incantations", Song Huei Liou/Ya Ging Ging/Huang Tung Sun/Sheng Yan, 1998)
Om Mani Padme Hum [Om mani pedme hom]
A canción máis popular do budismo: amor e compaixón.
Vexamos outra versión (máis lenta), acompañada de piano:
E outra versión do mantra do avalokiteshvara
(a primeira estaba en sánscrito, e estoutra está en tibetano)

Snatam Kaur: Long time sun
Que o sol brille moito tempo sobre ti
Todo o amor te rodea
E a luz pura que está dentro de ti
guíe o teu camiño
Roberto Varela, metendo a zoca
Viaxar é positivo e un aprende moitas cousas, pero se un viaxa co obxectivo de mirar o que hai sen se integrar nesa cultura... a viaxe empobrécese tanto que pouco proveito se lle saca. As afirmacións de Roberto Varela sobre a cultura galega só indican a súa pouca integración coa cultura galega, dicindo que limita e que está acomplexada. E digo eu... para que colles un cargo de conselleiro de cultura para atacar a propia cultura?
Non me estraña que a Asociación de Escritores en Lingua Galega pidan a súa dimisión, e que a Asociación Galega de Editores lle manden recapacitar.
O único que limita é a mente das persoas que cren que unhas culturas limitan. Todas as culturas son necesarias e ningunha limita, só limitan as mentes cerradas. Aínda encima atrévese a dicir que a lingua galega non está en perigo e ben lle chega o 33% no ensino. Isto só indica o seu máis absoluto descoñecemento dos máis recentes informes tanto da Real Academia Galega (coa que tampouco concorda, vaia ho) nin co Instituto Galego de Estatística ou do Consello Escolar de Galicia. Todos indican que a lingua galega perde falantes. E non está en perigo, eh, érache boa, acaso o conselleiro leu estes informes? Varela, o que pasa é que ti valoras as linguas en función do número de falantes e pasas bastante da lingua galega, tanto no que se refire a usala como a protexela.
Calquera conselleiro de cultura debe saber un pouco de historia da lingua e de sociolingüística, e non estar aí por saír nas fotos.

Estafadoras do amor
Unha estafadora do amor ou scammer (in English) aprovéitanse da soidade que existe na sociedade actual. Cando establecen contacto con algún usuario de portais de busca de parella (por exemplo, Meetic, Tagged...), a estafadora comeza co envío de longas cartas mal traducidas ao español con ferramentas como Google Translator. Nunca (ou case nunca) responden ningunha das preguntas dos usuarios de forma directa. Ademais, a scammer comeza a enviar fotografías cada vez más suxerentes e eróticas.
Habitualmente, tras unhas poucas cartas xa queren ir visitar o usuario, e é moi probábel que solicite diñeiro para sufragar os gastos da viaxe e os visados que necesita para entrar no país da vítima. O diñeiro acostuma solicitarse por Wester Union.
Nalgúns portais e nas redes sociais pode haber tantas ou máis mentiras que na vida mesmo. Non se trata de desconfiar de todo, pero en historias deste tipo (estafas "amorosas"), é mellor ser moi precavido e incluso desconfiado.
Desde logo, se pasa algún (ou varios) dos seguintes puntos, trátase dunha estafa:
1. Non contestan as preguntas concretas que un usuario lle fai.
2. Non utiliza o nome do usuario (só unha vez ao principio), porque teñen un modelo que envían a moitos usuarios.
3. Piden cartos.
4. Mandan fotos cada vez máis suxerentes.
Acostuma ser a estafadora de Rusia, outras veces é dun país africano (ás veces coméntanos que é unha princesa que confesa estar en prisión -querendo dar pena-), pero todo é pura mentira.
A verdade é que as estafas non gustan, mais aí queda a nota para non caer no illó. Penso que hai un refrán que dice "Cando a burra cae no illó, xo burra xo". Espero que isto sirva un pouco para non caer nesas trampas.

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)