Mare nubium. Umbriel. Mememto, vita brevis.Mare imbrium. Ariel. Et itur ad astra. Et itur ad astra. Mare undarum. Io. Vela. Mirabile dictu. Mirabilia. Mirabile visu. Mirabilia. Et itur ad astra. Et itur ad astra. Sempervirent. Rosetum. Afer Ventus. Zephyrus. Vulturnus. Africus. Et itur ad astra. Et itur ad astra. Etesiarum. Eurus. Running verse: Suus cuique mos. Suum cuique. Meus mihi, suus cuique carus. Mememto, terrigena. Meus mihi, suus cuique carus. | Mar de nubes. Umbriel. Mar de chuvias. Ariel. E imos ás estrelas. E imos ás estrelas. Mar de ondas. Io. Vela. Incríbel de dicir. Marabilloso. Incríbel de ver. Marabilloso. E imos ás estrelas. E imos ás estrelas. Perenne. Un xardín de rosas. Vento africano. Céfiro. Volturno. Africus. E imos ás estrelas. E imos ás estrelas. Etesiarum. Eurus. Refrán: Cada un ten os seus hábitos. Cada un o seu. O que é meu é meu e o teu é teu. Lembra, habitante da Terra. Lembra, a vida é breve. O meu é meu e o teu é teu. |
Vento africano
Ray man Shabad + By thy Grace
Ray man eh bidh jog kamaa-o (6)
Singee saach akapat kanthalaa
Dhi-aan Bibhoot charaa-o
Taatee geho aatam bas kar kee
Bhicchhaa naam adhaarang
Baajay param taar tat har ko
Upajai raag rasaarang
Ughatai taan tarang rang
Gi-aan geet bandhaanang
Chak chak rehay dayv daanav mun
Chhak chhak bayom bivaanang
Aatam upadays bhays sanjam ko
Jaap so ajapaa jaapai
Sadaa rehai kanchan see kaayaa
Kaal na kabahoo bayaapai
A favor de WikiLeaks
Temos un mundo con algúns gobernos, multinacionais e líderes de todo tipo (incluídos os relixiosos) cunha ética inexistente e ás veces dubidosa. WikiLeaks está ofrecendo información deses comportamentos non éticos (acompañada cos documentos orixinais en que se basea), e paréceme ben, porque eses gobernos e líderes fan moitas veces o que lles peta, ocultan e despois teñen a cara incluso de presentarse á sociedade como modelos a seguir.
Eu son partidario de destapar todo tipo de violacións, asasinatos ou abusos de todo tipo (que se fan xeralmente de maneira oculta, claro). WikiLeaks e outras organizacións semellantes son beneficiosas para limpar un pouco as inxustizas do mundo.
Necesitamos líderes e gobernos éticos, que fagan accións honestas (as palabras están ben, pero se non van acompañadas da acción son pobres e ás veces hipócritas). Por iso, para termos un mundo mellor, precisamos gobernos, medios de comunicación e líderes que defendan os pobres, que defendan os que sofren, que defendan a natureza e que fagan accións por convicción (e non por saíren na foto).
O peor de todo é que os líderes e gobernos non van facer nada polas accións ilegais que eles mesmos fixeron en numerosas ocasións, descubertas por Wikileaks, a quen poñerán como os "malos" por conseguiren información reservada. Si, usarán a táctica do despiste.
O peor de todo é que os líderes e gobernos non van facer nada polas accións ilegais que eles mesmos fixeron en numerosas ocasións, descubertas por Wikileaks, a quen poñerán como os "malos" por conseguiren información reservada. Si, usarán a táctica do despiste.
RA MA DA SA SA SE SO HOM é un boa canción para o planeta.
Paz no planeta
| I feel your Love Calling out to me In the rhythm of your heart The journey to be free Carried by the One Hand in hand we'll go You are so beautiful So let your spirit flow. We are light We are love We are peace In the warmth of the sun In the cool of the moon I feel it in my soul And I know that its true. In the bliss of love A smile upon your face The light of children and giving Fills the world with grace. May Peace Prevail. May mankind live in absolute joy, Happiness and Prosperity. And may we understand each other In trust and affection. | Eu sinto o teu Amor chamándome no ritmo do teu corazón A viaxe é gratis Levados polo Un Mao con mao iremos Tu es tan bon deixando que o teu espírito flúa Nós somos luz nós somos amor nós somos paz Na calor do sol no fresco da lúa eu sinto a miña alma e sei que é verdade. Na felicidade do amor un sorriso na túa cara a luz dos nenos e alumando enche o mundo con agradecemento. Que a paz prevaleza. Que os seres vivamos con alegría, felicidade e prosperidade. E que nos entendamos con confianza e con cariño. |
Os erros da OMS
A verdade é que a OMS non inspira confianza por varios feitos. Podemos recordar o alarmismo inxustificado que contou sobre a gripe A, pois a OMS dixera que morrerían 150 millóns de persoas e os mortos foron moitísimos menos que os da gripe estacional de cada ano.
O internista Pedro Caba, ex vicepresidente da Organización Mundial da Saúde, dixo "nos han tomado el pelo, empezando por la OMS y los laboratorios". O goberno español tamén meteu a zoca gastando 333 millóns de euros en vacinas e antivirais. As farmacéuticas foron as grandes gañadoras, pois gañaron moitos millóns de euros. Os gobernos de moitos países foron inexpertos ou obedeceron aos intereses das farmacéuticas. E os medios de comunicación maioritarios foron as pezas das multinacionais (pois a publicidade fai que os medios de comunicación estean comprados) para estenderen a noticia falsa. Non me gusta a ciencia cando está avalada por empresas farmacéuticas con intereses económicos, porque esa ciencia non é obxectiva ao primaren os intereses económicos.
Os gobernos caeron no ichó (ás veces tamén son pezas, pois teñen que devolver favores), e despois tentaron revender a baixo prezo os excedentes de vacinas compradas ou aínda peor, mandalas ao terceiro mundo. Non sei quen será mais terceiromundista, porque unha vacina que non serve non se lle manda a ninguén, e menos a un país de baixos recursos económicos e de formación. A ética dalgún goberno non sei eu onde poderá estar.
RA MA DA SA
RA MA DA SA SA SE SO HOM é un poderoso mantra,
unha canción moi efectiva para mellorar problemas de saúde (física e psíquica).
O ideal para que surta o seu efecto é cantalo durante 40 días.
Amma: a compaixón é a solución
Amma, unha líder espiritual da India, coñecida tamén como a santa dos abrazos, ten falado sobre relixións e solucións aos problemas do mundo actual. Amma sinala unha palabra como solución: a compaixón.
A esencia de todas as relixións é ser compasivo cos demais. Por tanto, os líderes relixiosos deberían recalcar a importancia da compaixón a través do exemplo das súas propias vidas. Segundo Amma, nada hai máis escaso no mundo actual que os exemplos persoais. Os líderes relixiosos deberían avanzar para encher este vacío.
Outra idea que sinala Amma é a explotación da Natureza por parte dos seres humanos e a falta xeral de conciencia, a contaminación está destruíndo a Terra. Os líderes relixiosos deberían establecer campañas de concienciación respecto á importancia da protección medioambiental.
Estou de acordo con Amma, e considero que os líderes relixiosos deberían actuar máis con actos reais (exemplos persoais) e deixar de dilapidar os cartos ou de comezaren disputas inútiles inter-relixiosas, interculturais ou entre Igrexa-Estado.
"Axudar os pobres e necesitados é a verdadeira oración", di Amma, e sen compaixón todos os nosos esforzos resultarán inútiles. Todas as relixións deberían enfatizar a importancia de servir compasivamente os pobres e os que sofren.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)