Cerca de Toquio vivía un gran samurai, xa vello, que se dedicaba a ensinar Zen a xente nova. A pesar da sua idade, corría a lenda de que aínda era capaz de derrotar calquera adversario.
Certa tarde, un guerreiro coñecido pola sua total falta de escrúpulos, apareceu por alí. Este guerreiro era famoso por utilizar a técnica da provocación: esperaba a que o seu adversario fixera o primeiro movemento e, dotado dunha intelixencia privilexiada para reparar nos erros cometidos, contraatacaba con velocidade fulminante.
O novo e impaciente guerreiro non perdera nunca unha loita. Coa reputación do samurai, foi até ali para derrotalo e aumentar a sua fama.
Todos os estudantes manifestaronse en contra da idea, pero o vello aceptou o desafío.
Xuntos, todos dirixíronse á praza da cidade e o guerreiro comezou a insultar o vello mestre. Arreboloulle algunhas pedras na súa dirección, cuspiulle na cara, berroulle todos os insultos coñecidos -ofendendo incluso os seus antepasados-.
Durante horas fixo todo por provocalo, pero o vello permaneceu impasíbel. Ao final da tarde, sentíndose xa canso e humillado, o impetuoso guerreiro retirouse.
Desilusionados polo feito de que o mestre aceptara tantos insultos e provocacións, os alumnos preguntaronlle:
- Mestre, como puido aturar tanta indignidade? Por que non usou a sua espada, aínda sabendo que podía perder a loita, en vez de se mostrar covarde diante de todos nós?
O mestre preguntoulles:
-Se alguén chega até vós cun regalo e non llo aceptades, a quen pertence o regalo?
-A quen o intentou entregar- respondeu un dos alumnos.
-Pois o mesmo vale para a envexa, a rabia e os insultos -dixo o mestre-.
Cando non se aceptan, continúan pertencendo a quen os levaba consigo. A paz interior depende exclusivamente de cada persoa. As outras persoas non poden quitarlle a serenidade, só se un o permite.
Suniai sidh peer sur naath.
Suniai dharat dhaval aakaas.
Suniai deep loa paataal.
Suniai pohe na sakay kaal.
Naanak bhagtaa sadaa vigaas.
Suniai dookh paap ka naas.
Escoita os Siddhas (seres de perfección espiritual),
Os mestres espirituais, os guerreiros heroicos, os Mestres de Yoga.
Escoita a terra, terás apoio, e mais os éteres.
Escoita os océanos, as terras e os pobos do mundo,
E as rexións inferiores do inframundo.
Escoitando, a morte non te pode tocar.
Nanak, os devotos están sempre en benaventuranza.
Escoitando, a dor e o pecado desaparecen.
Conformándote con pouco, lograrás moito.
Perseguindo moito, desviaraste do camiño.
A persoa sabia atende este precepto.
E sería bon que este precepto tamén convenza a todas as persoas!
A persoa sabia non cre só naquilo que ve cos seus ollos físicos,
e por tanto, ve claro.
Ela non se considera como a única que ten a razón, e por tanto, sabe a verdade.
Ela non ten sede de honra, pero as persoas hónrana.
Non busca ser unha autoridade, pero as persoas séguena.
Non loita contra ninguén e, por tanto, é invencíbel.
Non sente a autocompaixón, e por tanto, pode perfeccionarse con éxito.
Só aquel que non procura estar diante de todos pode vivir en harmonía con todos.
A persoa sabia ocúpase de todos e, por tanto, vólvese un exemplo para todos.
É luminosa, mais non busca brillar.
Non se louva, pero aínda así respétana.
Non se enaltece e, por tanto, sempre a teñen en moita estima.
En tempos moi antigos dicíase que o imperfecto se move cara á Perfección.
E logo son palabras inútiles? Non!
En verdade, se alcanzas a Unidade, chegarás á Perfección!
Lao Tzé (texto 22)