Existen cueiros ecolóxicos (os de bambú e cánabo absorben máis que o algodón e non precisan pesticidas no seu cultivo), cos cales se contamina moito menos e afórranse moitos cartos en cueiros de usar e tirar. Tedes máis información en:
http://www.crianzanatural.com/art/ixg9.html
http://entrealgodones.wordpress.com/2009/12/01/probando-probando-panales-pop-in/#more-662
Repoboación forestal do deserto: Waterbox
Existe unha maneria fácil e barata de repoboación forestal en zonas desérticas ou semi-desérticas con alto índice de supervivencia das árbores (90% de éxito). Trátase dunha pequena caixa barata chamada Waterbox. Os gobernos teñen unha maneira fácil para implicarse dunha maneira económica e efectiva. O artefacto recolle a auga da chuvia e do rocío, e distribúea durante longos períodos de tempo, combatendo malas herbas, roedores e evaporación. Pasado un ano do invento coa árbore, xa se pode reutilizar para outra pequena árbore.
Cine: Sang Woo e a súa avoa (Jibeuro)
Esta película coreana, Jibeuro (Sang Woo e a súa avoa), é unha película lineal que nos mostra as vivencias dunha avoa co seu neto. A mai de Sang Woo, separada, necesita deixar o fillo coa súa avoa unha temporada para poder buscar traballo. A avoa é muda e ten que convivir co seu caprichoso neto, que a rechaza e da que se burla. Así e todo, pouco a pouco, vai xurdindo unha amizade e pequenos cambios dun neno de quen poucos apostarían por tal mudanza.
A blogueira nekotabi dá unha explicación que, ao meu entender, está moi acorde coa película:
Para min, a avoa representa a Natureza e as ganas que temos todos de que nos coiden.
Por otra banda, o pícaro representa o egoísmo que mostramos, cando no fondo necesitamos dos demais e da natureza para vivir.
Por otra banda, o pícaro representa o egoísmo que mostramos, cando no fondo necesitamos dos demais e da natureza para vivir.
Pódese observar tamén unha crítica indirecta ao materialismo e unha exaltación da natureza e do amor. Sang woo e a súa avoa é un canto á familia e está dedicada a todas as avoas do mundo.
A historia das cousas
Annie Leonard é unha experta internacional en sostenibilidade e saúde medio ambiental, con máis de 20 anos de investigación en fábricas e vertedoiros ao redor do mundo. O que chamamos lixo basicamente son recursos. Annie elaborou un vídeo de 20 minutos, a "Historia das Cousas", onde nos conta todo o proceso das "cousas", desde a extracción dos materiais, a produción do obxecto, distribución, consumo e eliminación...
Vale a pena velo:
Consumismo, xoguetes e SOGAMA
Vai chegando o Nadal e vén a época consumista e de compra de xoguetes para os máis pequenos. Nalgunha casa tocará facer limpeza de xoguetes vellos ou estragados. Só quero recordar que antes de tiralos ao lixo, pensemos en reutilizalos creando novos xoguetes, ou doalos a organizacións se están en bon estado. Como último recurso, se se van tirar, non deben ir aos colectores do lixo, senón a un punto limpo.
Lembremos que en gran parte de España (e en Galiza tamén) queiman o lixo e botan á atmosfera moito dióxido de carbono, e os plásticos teñen o inconveniente de soltaren á atmosfera dioxinas, de probado efecto canceríxeno (as axencias dos países non o din porque iría en contra da súa política de queimaren o lixo). As autoridades medioambientais e os políticos que nos gobernan deben pensar máis no planeta que en desfacerse rápido do lixo. SOGAMA debe cambiar e facer unha xestión limpa (en todos os sentidos) co lixo e deixar a incineración.
Alemaña descartou a opción da incineración do lixo. En Córdoba e en Navarra non incineran, realizan reciclaxe, tratamento de residuos e compostaxe de materia orgánica; e todo isto permítelles ter unha mellor calidade das súas augas e da vida.
Alemaña descartou a opción da incineración do lixo. En Córdoba e en Navarra non incineran, realizan reciclaxe, tratamento de residuos e compostaxe de materia orgánica; e todo isto permítelles ter unha mellor calidade das súas augas e da vida.
Vento africano
Mare nubium. Umbriel. Mememto, vita brevis.Mare imbrium. Ariel. Et itur ad astra. Et itur ad astra. Mare undarum. Io. Vela. Mirabile dictu. Mirabilia. Mirabile visu. Mirabilia. Et itur ad astra. Et itur ad astra. Sempervirent. Rosetum. Afer Ventus. Zephyrus. Vulturnus. Africus. Et itur ad astra. Et itur ad astra. Etesiarum. Eurus. Running verse: Suus cuique mos. Suum cuique. Meus mihi, suus cuique carus. Mememto, terrigena. Meus mihi, suus cuique carus. | Mar de nubes. Umbriel. Mar de chuvias. Ariel. E imos ás estrelas. E imos ás estrelas. Mar de ondas. Io. Vela. Incríbel de dicir. Marabilloso. Incríbel de ver. Marabilloso. E imos ás estrelas. E imos ás estrelas. Perenne. Un xardín de rosas. Vento africano. Céfiro. Volturno. Africus. E imos ás estrelas. E imos ás estrelas. Etesiarum. Eurus. Refrán: Cada un ten os seus hábitos. Cada un o seu. O que é meu é meu e o teu é teu. Lembra, habitante da Terra. Lembra, a vida é breve. O meu é meu e o teu é teu. |
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)