Salvemos as abellas de Galiza

Está previsto fumigar todos os eucaliptais de Galicia cun insecticida tóxico para as abellas que estará prohibido na UE a partir do 1 de agosto. 

A abella é vital para a fecundación de numerosas plantas, entre elas aquelas das que os seres humanos nos alimentamos. Por tanto, a sua desaparición provocaría o colapso da agricultura e gadaría en Galicia, e condenaría os galegos á dependencia alimentaria do exterior de maneira indefinida.

 Para dicirmos non ás fumigacións de abellas, asinade!
http://actuable.es/peticiones/salvemos-abejas-galicia-salvemos-nuestro-futuro

Na matricial Galiza

O dúo 2nafronteira cantando a Valentín Paz Andrade
NA MATRICIAL GALIZA, SEMPRE TÚA,
que dend-a Torre d'Hercules ao Miño
un facho acenderá por cada illa,
cando ti volvas pol-o mare;
de toxo unha fogueira en cada monte,
cando ti volvas pol-o mare;
dos castros na coróa unha cachela,
cando ti volvas pol-o mare;
unha loura candea en cada pino,
cando ti volvas pol-o mare;
o seu cirio de frouma os alciprestes,
cando ti volvas pol-o mare;
luces de ardora branca en cada mastro,
cando ti volvas pol-o mare;
un farol mariñeiro en cada dorna,
cando ti volvas pol-o mare;
veliñas â xanela en cada casa,
cando ti volvas pol-o mare;
e as pérolas das bágoas derramadas,
cando ti volvas pol-o mare,
cando ti volvas pol-o mare...

8 pezas de brocado



As 8 pezas do brocado ou "Baduanjin" son 8 exercicios da medicina tradicional chinesa para recuperar ou manter a saúde. Só duran uns 13 minutos e fanse todos os días.

Os verdadeiros piratas

A verdade é que os medios de confusión e os desgobernos teñen unha visión moi parcial sobre quen é pirata, e no caso de Somalia é máis que evidente. Aproveitando que este país está sen goberno estábel, moitos países aproveitaron/aproveitan para pescar ilegalmente e/ou mandar residuos radiactivos nun país sen control. O peor é que o sobreexplotan e pescan peixe tóxico que comemos os occidentais. Que ben, din as farmacéuticas, temos máis enfermos e máis cartos. Que medios de comunicación temos! Explotando recursos nun país pobre e con fame, mais con recursos. O mundo ao revés. Pasen e vexan: