A infusión de escaramuxo fortalece a saúde e prevén as infeccións
respiratorias, e mais é un remedio tradicional contra a diarrea. Este pequeno
fruto ten as vitaminas A, E, B, K, magnesio e 10 veces máis vitamina C que o
limón.
Como preparar a infusión? Coller auga da fonte (evitar aguas embotelladas
porque poden conter alcol isopropílico, canceríxeno segundo a doutora Hulda
Clark), e poñer unhas 3-5 culleradas de escaramuxo seco nun litro de auga. Para
ter mellor resultado debemos romper os frutos, que podemos machacar cun mazo
tras metelos nunha bolsiña. Pomos dentro a agua e deixamos repousar toda a
noite. Pola mañá coamos todo (coar ben, porque os escaramuxos teñen moitos
peliños).
Para tomar a infusión, quentalo só ata estar morna, porque a calor destrúe
a vitamina C. Tomar así ou engadirlle mel.
Ningún comentario:
Publicar un comentario