Li Ching Yuen
viviu 251 anos. Naceu na provincia
de Szechuan en 1678, e viviu case toda a súa vida nas montañas recollendo plantas e buscando métodos para a
lonxevidade. Nos seus aniversarios 150 e 200 foi felicitado polo Goberno
chinés. Tivo 14 esposas.
El atribuíu a súa lonxevidade ao vexetarianismo habitual, rápidos paseos diarios e beber unha fórmula de herbas feita a partir de centella asiática. Era un fitoterapeuta
e deu con 200 anos unha charla, nunha universidade na China, sobre os segredos da lonxevidade.
A dieta de Li Ching Yuen baseábase
en plantas silvestres e frutas, mais
tamén consumía algo de arroz e o
viño deste cereal. Comía normalmente
Shou Wu, Ginseng, Gotu Kola (follas na
ensalada e como té) e baias de Goji
crúas e cocía Shou Wu con Ginseng. Existe evidencia de que comía
peixe e moi de vez en cando carne de
animais salvaxes (só dúas veces ao ano). As herbas que consumiu regularmente
foron:
Shou Wu (Polygonum
multiflorum), ginseng, Gotu Kola (Centella Asiatica), Dang Gui (Angelica Chinensis, alta en B12), Gan Cao (fundamental da MT chinesa), baias de GoJi e o cogomelo
Reishi.
No libro Ancient
Secrets of Youth de Peter Kelder, o mestre de Tai Chi Da Liu (discípulo de
Li Ching-Yuen), conta que aos 130 anos o Mestre Li atopou un ermitán máis vello
nas montañas que lle ensinou Baguazhang e un conxunto de exercicios de Chi kung con instrucións de
respiración, movementos coordinados con sons específicos e recomendacións
dietéticas (ginseng, shou wu, rei shi e baias de Goji). Da Liu dixo que o seu
mestre dixo que a súa lonxevidade "é debida ao feito de que eu executei os
exercicios todos os días - regularmente, correctamente, e con sinceridade - durante
120 anos." Ademais,
Li deu 3
consellos para vivir máis e mellor:
1)
Evitar
os extremos emotivos, que impiden o funcionamento
harmonioso dos órganos.
2)
Non
apurar, todo leva o seu tempo.
3) Practicar exercicios físicos e de respiración (chi kung) cada día.
O segredo da lonxevidade segundo Li Cheng Yen: Séntate
como unha tartaruga, durme coma un can e anda alegre como un pombo e o máis
importante: mantén sempre o corazón tranquilo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario