Escaramuxo, vitamina C extra


A infusión de escaramuxo fortalece a saúde e prevén as infeccións respiratorias, e mais é un remedio tradicional contra a diarrea. Este pequeno fruto ten as vitaminas A, E, B, K, magnesio e 10 veces máis vitamina C que o limón.

Como preparar a infusión? Coller auga da fonte (evitar aguas embotelladas porque poden conter alcol isopropílico, canceríxeno segundo a doutora Hulda Clark), e poñer unhas 3-5 culleradas de escaramuxo seco nun litro de auga. Para ter mellor resultado debemos romper os frutos, que podemos machacar cun mazo tras metelos nunha bolsiña. Pomos dentro a agua e deixamos repousar toda a noite. Pola mañá coamos todo (coar ben, porque os escaramuxos teñen moitos peliños). 

Para tomar a infusión, quentalo só ata estar morna, porque a calor destrúe a vitamina C. Tomar así ou engadirlle mel.

Salvemos as abellas de Galiza

Está previsto fumigar todos os eucaliptais de Galicia cun insecticida tóxico para as abellas que estará prohibido na UE a partir do 1 de agosto. 

A abella é vital para a fecundación de numerosas plantas, entre elas aquelas das que os seres humanos nos alimentamos. Por tanto, a sua desaparición provocaría o colapso da agricultura e gadaría en Galicia, e condenaría os galegos á dependencia alimentaria do exterior de maneira indefinida.

 Para dicirmos non ás fumigacións de abellas, asinade!
http://actuable.es/peticiones/salvemos-abejas-galicia-salvemos-nuestro-futuro

Na matricial Galiza

O dúo 2nafronteira cantando a Valentín Paz Andrade
NA MATRICIAL GALIZA, SEMPRE TÚA,
que dend-a Torre d'Hercules ao Miño
un facho acenderá por cada illa,
cando ti volvas pol-o mare;
de toxo unha fogueira en cada monte,
cando ti volvas pol-o mare;
dos castros na coróa unha cachela,
cando ti volvas pol-o mare;
unha loura candea en cada pino,
cando ti volvas pol-o mare;
o seu cirio de frouma os alciprestes,
cando ti volvas pol-o mare;
luces de ardora branca en cada mastro,
cando ti volvas pol-o mare;
un farol mariñeiro en cada dorna,
cando ti volvas pol-o mare;
veliñas â xanela en cada casa,
cando ti volvas pol-o mare;
e as pérolas das bágoas derramadas,
cando ti volvas pol-o mare,
cando ti volvas pol-o mare...