"Onde hai alcalinidade e osíxeno non hai cáncer" (premio Nóbel Otto Warburg)
As farmacéuticas, os médicos e as súas mentiras segundo Luis Carlos Campos, homeópata e xornalista.
Un avó de 78 anos chamado Allan Taylor, diagnosticado con cáncer incurable e inoperable, curou o cáncer coa dieta e suplementos. Mudou carne e lácteos por 10 frutas e verduras ao día, o cal complementou con cúrcuma, selenio, vitamina C, sementes de albaricoque e cebada en pó (esta última é un potente alcalinizante). En 5 meses o cancro esfumouse.
Outra muller tamén curou o cáncer con cúrcuma e superalimentos: información aquí.
Lei de Medicina Natural (Nicaragua) + Teresa Illari
Interesante vídeo, e fálase da auga do mar nos minutos 6-20.
Beber auga do mar + Nado seco
Luz exterior
Kathryn Rose (Universidade de Sidney) e Seang-Mei Saw (Universidade de Singapur) fixeron estudos e compararon dous grupos de nenos de 6 a 7 anos, un en Singapur e outro en Australia. O equipo só investigou nenos de etnia chinesa, para descartar diferenzas xenéticas entre razas como explicación das
taxas máis altas de miopía que se dan en determinados países. O
resultado? Como media, os meniños en Sídney pasaban case 14 horas
semanais no exterior, e so o 3% tiña miopía. En
contraste, os pícaros de Singapur pasaban so 3 horas semanais fóra, e un 30% volveuse miope.
Este estudo é moi relevante sobre o importante que é estar en contacto coa luz diurna cada día, á parte de que teremos reservas de vitamina D moito máis altas e fortaleceremos dentes e sistema óseo. Para reducir miopía tamén son importantes os exercicios oculares e fomentar a relaxación.

A LONXEVIDADE de Li Chung Yuen
Li Ching Yuen
viviu 251 anos. Naceu na provincia
de Szechuan en 1678, e viviu case toda a súa vida nas montañas recollendo plantas e buscando métodos para a
lonxevidade. Nos seus aniversarios 150 e 200 foi felicitado polo Goberno
chinés. Tivo 14 esposas.
El atribuíu a súa lonxevidade ao vexetarianismo habitual, rápidos paseos diarios e beber unha fórmula de herbas feita a partir de centella asiática. Era un fitoterapeuta
e deu con 200 anos unha charla, nunha universidade na China, sobre os segredos da lonxevidade.
A dieta de Li Ching Yuen baseábase
en plantas silvestres e frutas, mais
tamén consumía algo de arroz e o
viño deste cereal. Comía normalmente
Shou Wu, Ginseng, Gotu Kola (follas na
ensalada e como té) e baias de Goji
crúas e cocía Shou Wu con Ginseng. Existe evidencia de que comía
peixe e moi de vez en cando carne de
animais salvaxes (só dúas veces ao ano). As herbas que consumiu regularmente
foron:
Shou Wu (Polygonum
multiflorum), ginseng, Gotu Kola (Centella Asiatica), Dang Gui (Angelica Chinensis, alta en B12), Gan Cao (fundamental da MT chinesa), baias de GoJi e o cogomelo
Reishi.
No libro Ancient
Secrets of Youth de Peter Kelder, o mestre de Tai Chi Da Liu (discípulo de
Li Ching-Yuen), conta que aos 130 anos o Mestre Li atopou un ermitán máis vello
nas montañas que lle ensinou Baguazhang e un conxunto de exercicios de Chi kung con instrucións de
respiración, movementos coordinados con sons específicos e recomendacións
dietéticas (ginseng, shou wu, rei shi e baias de Goji). Da Liu dixo que o seu
mestre dixo que a súa lonxevidade "é debida ao feito de que eu executei os
exercicios todos os días - regularmente, correctamente, e con sinceridade - durante
120 anos." Ademais,
Li deu 3
consellos para vivir máis e mellor:
1)
Evitar
os extremos emotivos, que impiden o funcionamento
harmonioso dos órganos.
2)
Non
apurar, todo leva o seu tempo.
3) Practicar exercicios físicos e de respiración (chi kung) cada día.
O segredo da lonxevidade segundo Li Cheng Yen: Séntate
como unha tartaruga, durme coma un can e anda alegre como un pombo e o máis
importante: mantén sempre o corazón tranquilo.
Cedros siberianos e Anastasia
A serie de libros Os cedros resoantes da Rusia fai despertar sentimentos positivos e de conexión coa natureza. O blogue Tesoros escondidos dános unhas claras e interesantes informacións sobre o beneficio dos cedros, entre as cales me sorprendeu gratamente saber que estas árbores teñen alma e un ritmo biolóxico que comparte cos seres humanos [entre as 3 e 4 da tarde fan unha pausa, claro, a fermosa sesta :) ].O primeiro libro titúlase Anastasia, e este ser humano ten unha conexión coa natureza enorme, un amor polos labregos moi grande, ao igual que tamén por calquera bicho vivente que aparece. Até dorme ao lado dunha osa, e é amiga dunha loba (por certo, a loba ládralle á osa cando se aproxima de máis a Anastasia). Os esquíos téñenlle unha grande estima a esta muller criada en plena natura, que non leu ningún libro, mais de enorme sabedoría.
O libro conta a viaxe do empresario ruso Vladimir Megre á taiga siberiana e o seu contacto con dous anciáns, e sobre todo con Anastasia, coa que choca enormemente polas súas ideas que difiren moito das de Anastasia. Non vos conto máis (en realidade só contei adornos e case nada do argumento), e só engado que Vladimir di que a historia é real e non é ficción, o cal ao ler o libro a maioria dos seres humanos escolarizados vaino pór en dúbida (e non só polo recurso literario de dicir que a historia é real cando non o é, senón polos contidos que aparecen).
Curiosamente, o cedro é a árbore máis citada na Biblia e xogou un papel importante nalgunhas civilizacións (fenicios, exipcios, druídas celtas). Ten usos terapéuticos e cosméticos, e déronme ganas de plantar algún. Xa vedes, así vos son eu.
Cloruro de magnesio
O Cloruro de magnesio é un sal amargo, escaso nos alimentos, bon para recuperar o equilibrio
perdido polos sales de potasio. Os alimentos actuais ademais, debido á sobreexplotación das terras, uso de pesticidas e refinación e procesado son aínda máis pobres en magnesio que hai un século.
O cloruro de magnesio está constituido por cloro e magnesio; case o 60 % do magnesio do corpo está nos ósos, un 26% nos músculos e o resto nos tecidos brandos e líquidos corporais. O magnesio axuda a fixar o calcio nos ósos, activa os riles para eliminar o ácido úrico das articulacións, evita infartos e purifica o sangue. Ademais, reduce o cansazo intelectual, flexibiliza arterias, elimina a atrofia muscular, corrixe o desequilibrio mineral, modera os malestares dixestivos e intestinais; é un tranquilizante, tamén laxante e prevén problemas de próstata.
Fontes ricas en magnesio son a auga do mar, arroz integral (143) e cereais integrais, froitos secos -améndoas, sésamo, noces, abelás, pipas de xirasol (354), pipas de cabaza (534)-, castañas secas... e frutas (kiwis, plátanos) e verduras (folla escura sobre todo: perexil, repolos, coliflor, cabaza, cebola, cenoura) teñen cantidades apreciables deste mineral.
Se hai descalcificacións, déficit evidente de magnesio ou mala absorción, o suplemento de cloruro de magnesio é unha opción que se debe ter en conta. Pódese tomar vía oral ou tamén facer aceite de magnesio (cloruro de magnesio e auga, e botar na pel, que o absorbe mellor que o canal dixestivo) ou facer lavados dos pés botando unha cullerada de magnesio. A maneira máis fácil e natural de termos o magnesio adecuado no corpo é beber medio vaso de auga do mar ao día, auga que ademais é rica noutros micro-nutrientes (exactamente todos os da táboa periódica, segundo o veterinario Ángel Gracia, consumidor de auga do mar desde hai máis de 20 anos). Pódese beber auga do mar rebaixada con auga doce (1 parte auga do mar, 3 de agua doce e un pouco de zume de limón), ou mesmo engadir pequenas cantidades (10-30 ml) nos zumes naturais ou infusións.

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)