12.-   Aquel que ve só cinco cores no mundo seméllase ao cego.
       Aquel que ouve só os sons do mundo material seméllase ao xordo.
        Aquel que, comendo, percibe só o sabor da comida material equivócase. 
      Aquel que, obsesionado polas ganancias, corre a toda présa é tolo.
      Perseguindo tesouros e adornos, actúas no teu propio detrimento.
       En cambio, os esforzos da persoa sabia concéntrase en ter suficiente comida, e non en ter moitas cousas. E ela, contentándose con pouco no mundo da materia, escolle o Primordial.

                                       Tao Te King, Lao Tsé, Ed. de V. Antonov.

A macroestafa do cáncer e o mito da metástese

"Onde hai alcalinidade e osíxeno non hai cáncer" (premio Nóbel Otto Warburg)


As farmacéuticas, os médicos e as súas mentiras segundo Luis Carlos Campos, homeópata e xornalista.

Un avó de 78 anos chamado Allan Taylor, diagnosticado con cáncer incurable e inoperable, curou o cáncer coa dieta e suplementos. Mudou carne e lácteos por 10 frutas e verduras ao día, o cal complementou con cúrcuma, selenio, vitamina C, sementes de albaricoque e cebada en pó (esta última é un potente alcalinizante). En 5 meses o cancro esfumouse.
Outra muller tamén curou o cáncer con cúrcuma e superalimentos: información aquí.


Lei de Medicina Natural (Nicaragua) + Teresa Illari

Interesante vídeo, e fálase da auga do mar nos minutos 6-20.




Beber auga do mar + Nado seco


O veterinario e dietista Ángel Gracia fala sobre a saúde e a auga do mar, incluindo outros temas como o PH e a alcalinidade, a auga isotónica e hipertónica, a carótida obstruida total ou parcialmente (no 70% das persoas maiores de 50 anos), o exercicio e o sistema linfático, as vacinas, o sol e a vitamina D, superar a desnutrición infantil no mundo, varias mentiras oficiais -bioterrorismo académico e científico lle chama el- relacionadas cos seus negocios (vacinas, medicamentos, etc). 


Moi importante é tamén o sol, o descanso, os pensamentos positivos e o exercicio físico racional. Gracia propón o que el chama nado seco. Vexamos o vídeo.

Luz exterior

Kathryn Rose (Universidade de Sidney) e Seang-Mei Saw (Universidade de Singapur) fixeron estudos e compararon dous grupos de nenos de 6 a 7 anos, un en Singapur e outro en Australia. O equipo só investigou nenos de etnia chinesa, para descartar diferenzas xenéticas entre razas como explicación das taxas máis altas de miopía que se dan en determinados países. O resultado? Como media, os meniños en Sídney pasaban case 14 horas semanais no exterior, e so o 3% tiña miopía. En contraste, os pícaros de Singapur pasaban so 3 horas semanais fóra, e un 30% volveuse miope.

Este estudo é moi relevante sobre o importante que é estar en contacto coa luz diurna cada día, á parte de que teremos reservas de vitamina D moito máis altas e fortaleceremos dentes e sistema óseo. Para reducir miopía tamén son importantes os exercicios oculares e fomentar a relaxación.

A LONXEVIDADE de Li Chung Yuen


Li Ching Yuen viviu 251 anos. Naceu na provincia de Szechuan en 1678, e viviu case toda a súa vida nas montañas recollendo plantas e buscando métodos para a lonxevidade. Nos seus aniversarios 150 e 200 foi felicitado polo Goberno chinés. Tivo 14 esposas.

El atribuíu a súa lonxevidade ao vexetarianismo habitual, rápidos paseos diarios e beber unha fórmula de herbas feita a partir de centella asiática. Era un fitoterapeuta e deu con 200 anos unha charla, nunha universidade na China,  sobre os segredos da lonxevidade.


A dieta de Li Ching Yuen baseábase en plantas silvestres e frutas, mais tamén consumía algo de arroz e o viño deste cereal. Comía normalmente Shou Wu, Ginseng, Gotu Kola (follas na ensalada e como té) e baias de Goji crúas e cocía Shou Wu con Ginseng. Existe evidencia de que comía peixe e moi de vez en cando carne de animais salvaxes (só dúas veces ao ano). As herbas que consumiu regularmente foron:
Shou Wu (Polygonum multiflorum), ginseng, Gotu Kola (Centella Asiatica), Dang Gui (Angelica Chinensis,  alta en B12), Gan Cao (fundamental da MT chinesa), baias de GoJi e o cogomelo Reishi.

Li uniuse ao exército chinés con 71 anos, como conselleiro táctico e profesor de artes marciais. Pasou a maior parte da súa vida nas montañas recollendo e aprendendo sobre herbas.  O xeneral Yang Sen investigou a vida de Li Ching Yuen, e compilou os seus descubrimentos no libro  Un relato dun home de 250 anos de boa sorte. A incrible lonxevidade e as reivindicacións sobre centella asiática causaron impacto, e foron demostradas posteriormente polo bioquímico francés Jules Lépine, que descubriu que as follas teñen potentes efectos rexuvenecedores sobre os nervios, células do cerebro e do sistema endócrino. O Profesor Menier confirmou o mesmo en estudos separados. 


No libro Ancient Secrets of Youth de Peter Kelder, o mestre de Tai Chi Da Liu (discípulo de Li Ching-Yuen), conta que aos 130 anos o Mestre Li atopou un ermitán máis vello nas montañas que lle ensinou Baguazhang e un conxunto de exercicios de Chi kung con instrucións de respiración, movementos coordinados con sons específicos e recomendacións dietéticas (ginseng, shou wu, rei shi e baias de Goji). Da Liu dixo que o seu mestre dixo que a súa lonxevidade "é debida ao feito de que eu executei os exercicios todos os días - regularmente, correctamente, e con sinceridade - durante 120 anos." Ademais,
Li deu 3 consellos para vivir máis e mellor:

1)      Evitar os extremos emotivos, que impiden o funcionamento harmonioso dos órganos.
2)     Non apurar, todo leva o seu tempo.
3)     Practicar exercicios físicos e de respiración (chi kung) cada día.

O segredo da lonxevidade segundo Li Cheng Yen: Séntate como unha tartaruga, durme coma un can e anda alegre como un pombo e o máis importante: mantén sempre o corazón tranquilo. 

Cedros siberianos e Anastasia

A serie de libros Os cedros resoantes da Rusia fai despertar sentimentos positivos e de conexión coa natureza. O blogue Tesoros escondidos dános unhas claras e interesantes informacións sobre o beneficio dos cedros, entre as cales me sorprendeu gratamente saber que estas árbores teñen alma e un ritmo biolóxico que comparte cos seres humanos [entre as 3 e 4 da tarde fan unha pausa, claro, a fermosa sesta :) ].

O primeiro libro titúlase Anastasia, e este ser humano ten unha conexión coa natureza enorme, un amor polos labregos moi grande, ao igual que tamén por calquera bicho vivente que aparece. Até dorme ao lado dunha osa, e é amiga dunha loba (por certo, a loba ládralle á osa cando se aproxima de máis a Anastasia). Os esquíos téñenlle unha grande estima a esta muller criada en plena natura, que non leu ningún libro, mais de enorme sabedoría.

O libro conta a viaxe do empresario ruso Vladimir Megre á taiga siberiana e o seu contacto con dous anciáns, e sobre todo con Anastasia, coa que choca enormemente polas súas ideas que difiren moito das de Anastasia. Non vos conto máis (en realidade só contei adornos e case nada do argumento), e só engado que Vladimir di que a historia é real e non é ficción, o cal ao ler o libro a maioria dos seres humanos escolarizados vaino pór en dúbida (e non só polo recurso literario de dicir que a historia é real cando non o é, senón polos contidos que aparecen).

Curiosamente, o cedro é a árbore máis citada na Biblia e xogou un papel importante nalgunhas civilizacións (fenicios, exipcios, druídas celtas). Ten usos terapéuticos e cosméticos, e déronme ganas de plantar algún. Xa vedes, así vos son eu.