
A lingua é un órgano que elimina toxinas do corpo. Facer unha enxaugadura diaria con aceite elimina as toxinas de todo o corpo a través da lingua, segundo a medicina ayurvédica. Para practicalo, enxaugamos a boca cunha cullerada de aceite (de sésamo ou xirasol, de 1ª presión en frío) durante 15 a 20 minutos co estómago vacío, de preferencia pola mañá antes de beber nin comer nada e despois cóspese.
Pode repetir a operación dúas veces ao día se quer desintoxicarse máis rápido. Non trague o aceite pois tras a enxaugadura conterá parasitos, toxinas e bacterias. Non faga gargarexos, o aceite só entra en contacto coa boca. Fágao a modo.
O empeoramento dos síntomas é un excelente indicativo de que a enfermidade está en proceso de curación; mais se a reacción é demasiado forte, reduza a dose e o tempo do enxaugadura.
Esta terapia é de práctica moi común na India e xa foi comprobada medicamente como positiva para previr e erradicar enfermidades da boca.
Fonte: Revista Mundo Natural
http://www.revistamundonatural.com/noticia.cfm?n=87#ixzz2G6Xq8OtZ