Un antropólogo propuxo un xogo ás nenas e nenos dunha tribo africana. Puxo unha cesta chea de frutas debaixo dunha
árbore e despois díxolles aos meniños e meniñas que o que chegase primeiro gañaría todas as
frutas.
Cando deu o sinal para que corresen, todas as
crianzas agarráronse das mans e correron xuntos; despois sentáronse xuntos a
gozar do premio.
Cando o profesor lles preguntou por que razón correran agarrados, se só un podía ganar todas as frutas, respondéronlle:
- UBUNTU, UBUNTU,
como un de nós
podería estar feliz se todos os demais están tristes?
UBUNTU, na cultura Xhosa significa: "Eu son
porque nós somos."
Ningún comentario:
Publicar un comentario