Na medicina alternativa fanse enxaugaduras da boca con
aceite (de xirasol ou sésamo, biolóxico), procedemento moi beneficioso para a boca e o corpo. É un procedemento da medicina ayurvédica e cura 30 enfermidades como dores de cabeza, diabete, asma, problemas da pel, alerxias, infecciones da boca, reduce a placa dental, cura a xinxivite,
branquea a dentadura e aperta os dentes frouxos.
A lingua é un órgano que elimina toxinas do corpo. Facer unha enxaugadura diaria con aceite elimina as toxinas de todo o corpo a través da lingua, segundo a medicina ayurvédica.
Para practicalo, enxaugamos a boca cunha cullerada de aceite (de
sésamo ou xirasol, de 1ª presión en frío) durante 15 a 20 minutos co estómago vacío, de
preferencia pola mañá antes de beber nin comer nada e despois cóspese.
Pode repetir a operación dúas veces ao día se quer
desintoxicarse máis rápido.
Non trague o aceite pois tras a enxaugadura conterá parasitos, toxinas e bacterias. Non faga gargarexos, o aceite só entra en contacto coa boca. Fágao a modo.
O empeoramento dos síntomas é un excelente indicativo de que a
enfermidade está en proceso de curación; mais se a reacción é demasiado forte, reduza a dose e o tempo do
enxaugadura.
Esta terapia é de práctica moi común na India e xa foi comprobada medicamente como positiva para previr
e erradicar enfermidades da boca.
Fonte: Revista Mundo Natural
http://www.revistamundonatural.com/noticia.cfm?n=87#ixzz2G6Xq8OtZ
Ningún comentario:
Publicar un comentario