Zeitgeist: vídeos que destapan inxustizas

Parécevos normal un mundo onde o 1% das persoas teñan o 40% de toda a riqueza mundial? E onde a metade da poboación viva con menos de 2 dólares ao día?
Un mundo onde morren cada día 34.000 meniñas e meniños por falta de atención.
Un mundo onde temos recursos máis que suficientes para escolarizar, educar e alimentar toda a poboación e o peor: non se fai! Acabo de vos describir o mundo que temos (con datos obxectivos).

Están xurdindo serias e consistentes críticas sobre o sistema financeiro actual, e non só referido á política non ética dos bancos, senón a un sistema monetario que non funciona. Xa no libro d`As nove revelacións se apunta a un mundo sen diñeiro, e parece que este pode ser a solución a un mundo enfermo en todos os sentidos. Os bancos e as multinacionais teñen tanto ou máis poder que os propios gobernos e, cando lles convén, crean inflación (que é un imposto oculto) e fan moito mal á sociedade. As multinacionais teñen derrocado presidentes creando mentiras. A corrupción é moito maior do que a sociedade pensa, pero moito, e unhas poucas mans (multinacionais, bancos e algúns gobernos) dirixen o mundo (con sobornos, malas artes e asasinatos incluídos), e o resto do mundo (case todo o mundo) é un ESCRAVO sen SABELO.

Non vos contei unha película de ciencia ficción, senón o corrupto que está o mundo.
Déixovos dous vídeos da serie Zeitgeist, que explica moi ben o que vos dixen. Recomendo ver a serie completa, despertarás