17 de fev. de 2011

3 de fev. de 2011

Venenos: Aspartamo, fluor, modificación xenética...



Aínda que o vídeo é impresionante, hai que deixar esta información á disposición do público para que sexa máis consciente do que compra. Os alimentos procesados é mellor evitalos ou eliminalos e manter unha dieta cun importante número de frutas e verduras, algún legume e froitos secos, algún cereal integral, e quen coma proteínas animais debe escoller peixe do mar (as piscifactorías botan antibióticos como preventivo) e carne ecolóxica ou da caza.

Auga do mar

A auga do mar usouse durante miles de anos polo seu poder de curación. Xa no ano 2500 a.C., na China, o emperador Fu-Shi, pai da medicina mariña, recomendaba a auga do mar, as algas mariñas e sales mariños para recuperar a saúde.

En Francia, o investigador René Quinton descubriu que os elementos da auga do mar son os mesmos elementos que están presentes nas células humanas, e que o plasma do sangue e a auga do mar eran moi semellantes.

A investigación continuou entre 1919-1950, e xunto co doutor Jarricot fundou os Dispensarios Mariños. Nestas clínicas usaban a auga do mar para curar enfermidades como a cólera, a febre tifoidea, a tuberculose, enfermidades da pel e desnutrición.

Claro, isto nunca o van difundir as multinacionais farmacéuticas, que gañan moito máis con medicamentos caros dos cales tiran enormes beneficios. Deixo un documento divulgativo e mais outra web sobre a auga do mar:
* http://elproyectomatriz.files.wordpress.com/2010/10/epm-146-agua-de-mar-un-plasma-marino-al-alcance-de-todos.pdf
* http://oceanplasma.org/documents/therapiese.html


De todas as maneiras, a auga do mar sería un complemento da dieta (tomar 10 mililitros cada día, podendo aumentarse paulatinamente até 40 ml), mais a auga doce é necesaria para hidratarse porque a auga do mar contén sobre 35 gramos de cloruro de sodio por litro, e o sangue humano regúlase para ter un rango de 9g/l de cloruro de sodio. A auga do mar é diurética, por tanto amolece as feces (mais mantendo a súa forma), e pode usarse na cociña (arroz, sopas, puré de verduras...) enriquecendo as receitas con 80 minerais. A proporción para bebela ou cociñar é 5 partes de auga doce e 2 partes de auga de mar.