Entre lusco e fusco


Non sei por que, non sei como,
non sei onde, nin sei cando;
pero entre fusco e lusco,
seguireite aquí agardando.

Dime por que, dime como,
dime onde, dime cando;
sabes que entre fusco e lusco,
seguireite aquí esperando.

Como un paxaro sen aire
atravesando camiños,
vives no teu mundo alleo
e foxes do teu destino.

Se che canto, non me escoitas;
se te chamo, non respondes.
Non me colles, nin me deixas;
non me deixas, nin me colles.

Quítasme o sono na noite
e por moito que che diga,
acabas sempre levándome
os soños que prometías.

Non me queres ver de perto,
nin de lonxe tan sequera.
Pasas diante dos meus ollos,
como se eu non estivera.

True love

RA MA DA SA


 RA   MA   DA   SA
 SA   SE   SO  HOM
Das mellores cancións curativas

No Brasil o 44% da enerxía é renovábel

O Brasil é un bo exemplo do camiño que debe seguir esta desorientada humanidade, que moito fala de ecoloxía e pouco fai, á parte dos destrutores masivos aos que lles é igual destragar o mundo con tal de ter o peto quente con cartos e pasalo ben (incluíndo persoas, dirixentes, multinacionais, políticos e países mal chamados demócratas). O 44% da enerxía que consome o Brasil procede das renovábeis, mentres que na nosa "avanzada" Europa estamos nun triste 6%.

O recente cumio de Durban (Sudáfrica) aprobou estender o protocolo de Kioto, mais con importantes incógnitas (ata novembro de 2013 -cumio de Catar- non se concretará o marco de emisións) e co descontento da representación de 43 pequenas illas, fortemente ameazadas de desaparecer do mapa se sobe o nivel do mar debido ao continuo desxeo dos cascos polares. Esperemos que os gobernos se impliquen decididamente na conservación do planeta. Non é normal:
* seguirmos deforestando o mundo (China vai á cabeza no consumo de madeira das selvas), con talas ilegais moitas veces
* repartir mal a comida e tirar moita (antes de chegar incluso aos fogares), sabendo que no mundo morren de fame moitas persoas
* queimar a toda velocidade os combustíbeis fóseis dicindo que é polo progreso (progreso?), á parte de que estes combustíbeis teñen subsidios; se non tivesen subvencións, as enerxías renovábeis probabelmente serían máis baratas que o petróleo, o carbón e a nuclear
* malgastar enerxía (stand by as 24 horas)
* crear montóns de lixo e queimalos ou mandalos aos países "pobres"
* enterrar residuos radioactivos que tardarán millóns de anos en deixar de ser perigosos (e logo agora xa somos adiviños para saber que non lles vai pasar nada a eses cemiterios? somos tan listos que controlamos os movementos sísmicos por millóns de anos?) e aínda encima dicir que é enerxía limpa.
* inducir ás persoas ao consumismo (mercar, comprar...) e á práctica do usar e tirar, co visto e prace dos gobernos para así recadaren máis cos impostos. No Nadal, e durante todo o ano, evitemos o consumismo (e evitemos no posíbel a publicidade e a televisión).

Batuko Tabanka: "Brinca cumí"


Ho gueló quin torna panhós brinca kumí. 
(Quando voltar, vós haveis-de-brincar comigo)

Neno quer salvar o corno de África

O corno de África afronta a peor crise alimentaria do século XXI. A ONU declarou que hai  unha fame extrema en dúas rexións do sur de Somalia. Máis de 12 millóns de persoas -4,5 millóns en Etiopía, 3,5 millóns en Kenia, 3,8 millóns en Somalia e medio millón en Uganda- non teñen garantida comida nin auga limpa.

Un neno ghanés de 11 anos está decidido en cumprir un soño para salvar os rapaces famentos de Somalia. Chámase Andrew Adansi Bonnah, alumno nunha escola en Accra, e ten a meta de recadar 20 millóns de cedis (uns 13 millóns de dólares) para axudar os nenos somalís que sofren os efectos da seca. Desexámoslle moito éxito.

O mundo segundo Monsanto

O documental denuncia os efectos negativos mundiais que provocan os produtos agroquímicos e as sementes de soia transxénica que comercializa Monsanto.
O documental tamén fala dos efectos na saúde humana da utilización do Roundup, un herbicida sospeitoso de producir cáncer. Aquí podes ver o documental completo:


Consumo de peixes grandes

O ministerio de Sanidade español recomenda NON comer atún vermello, peixe espada nin tiburóns (como o marraxo) polo excesivo contido de mercurio que teñen os peixes grandes. Especialmente incídese en que embarazadas e nenos menores de 2 anos eviten estes peixes, e os nenos de entre 3 e 12 anos non deben pasar dos 50 gramos semanais. O mercurio pode causar alteracións no desenvolvemento neuronal do feto (se unha embarazada tomase de máis) e tamén no desenvolvemento xeral dos nenos de curta idade.

Tamén se desaconsella o centolo, o boi, as gambas e os cangrexos polo excesivo nivel de cadmio concentrado na cabeza. Canto ás hortalizas, non se deben tomar moitas acelgas nin espinacas, porque poden ter moitos nitratos.
Pararemos os seres humanos de tirar mercurio ao mar?
E pararemos de consumir verduras cultivadas con abuso de fertilizantes non orgánicos ou procedentes dos invernadoiros (estas teñen máis nitratos)?

Zume de xerminado de trigo

O zume de trigo xerminado, clorofila pura, ten propiedades moi interesantes, pois é rico en vitaminas A, C, D, K e as do complexo B. A clofofila ten unha estrutura case idéntica á hemoglobina do sangue humano. O zume do xerminado de trigo, e tamén o doutros zumes verdes, purifica o sangue, é antianémico, axuda a eliminar os metais pesados, depura of ígado, aumenta as enzimas, emllora o nivel de azucre do sangue (por tanto é bon para diabéticos), entre outros factores beneficiosos.

Xerminados + Sensibilidade química múltiple

Os brotes xerminados son proteicos e moi sans.

A sensibilidade química múltiple é xa unha enfermidade recoñecida pola Medicina, vexan unha entrevista a unha afectada. Recordemos a Annie Leonard na historia dos cosméticos, como estaba chea de produtos tóxicos, a pesar de usar produtos "convencionais" aprobados polos gobernos (que teñen uns parámetros de saúde propios dun homo estúpidus). Isto fai tomar consciencia do consumo de produtos locais, ecolóxicos e abandonar produtos tóxicos (como a lixivia, moitas colonias e desodorizantes agresivos...) e unha vida máis (eco)lóxica.

Batidos verdes + bebida de cánabo

Comer alimentos crus é san. Un batido verde leva follas de verdura, fruta e auga. Penso que o batido supera os zumes verdes porque co zume tiramos a fibra e como norma xeral ao corpo hai que darlle alimentos enteiros.


A acuicultura contaminante

A acuicultura do salmón nas Rías Baixas galegas é rechazada frontalmente polas persoas que viven do mar. Simplemente, non a queren e argumentan a sua postura cos problemas de contaminación que esta industria acuícola xa causou noutros lugares. No escaravello verde está o vídeo:
http://www.rtve.es/alacarta/videos/el-escarabajo-verde/escarabajo-verde-espinas-del-salmon/1113763/
O certo é que moito habería que falar dos problemas da acuicultura debido ao uso indiscriminado dos antibióticos, polo que non é aconsellábel consumir peixe de piscifactoría (pasan os antibióticos ao organismo de quen consome este peixe "dopado"), e tamén do que contaminan no mar as plantas de acuicultura. O goberno galego está tramitando 23 novas plantas de acuicultura, e boa parte delas en Rede Natura 2000, co cal o rico ecosistema galego vai estar en perigo (ademais doutros, porque aos peixes das piscifactorías tráenlles para comer peixes doutros hábitats afastados), porque o sistema de depuración é de risa: unha malla de 2 mm de grosor. Os nosos peixes do mar van comer antibióticos, feces e outras porcarías que sairán dos refugallos das piscifactorias. Resumindo: máis contaminación da gorda para o mar, que xa non hai abonda, ho. Suspenso fulminante para o goberno galego, apercibimento e indignación da cidadanía.

Mamá ecolóxica

Encontrei un blogue sobre unha mai que practica ecoloxía no coidado dos seus fillos, ademais de practicar a lactancia materna. Concordo o que di sobre as toalliñas de usar e tirar, tanto lixo innecesario. Aquí vai algunha ligazón:
Stop ás toalliñas de usar e tirar
Como crear bolsiñas de tea para o almorzo
Deterxente ecolóxico feito na casa
Plastilina ecolóxica
Quita manchas ecolóxico 

Crise e burbulla inmobiliaria


A crise explicada sinxelamente 

Hipotecas lixo (de EEUU para todos)

Lidia Senra


Lidia Senra fala sobre o agro, transxénicos...

Planeta á venda

A crise financeira de 2008 fixo que os investidores bolsistas se interesen na compra de terras, sendo un investimento moi seguro a medio e a longo prazo tendo en conta o crecemento da poboación mundial. O problema podería ser que as multinacionais se fagan con gran parte das terras e co negocio da alimentación. Volvemos a estar con apropiacións de terras a xentes que as traballaron por xeracións, mais que non teñen papeis, e que llelas quitan "legalmente" (pero moi inxustamente); unha conquista de terras nada ética. E en occidente seguirán pechando fronteiras, cando se están quitando terras e botándoos. O completo vídeo, que dura 1 hora se se ven as 4 partes, ofrece bastante información:




Paréceme mal que en países como Etiopía, que posúe suficiente terra fértil para alimentar todos os habitantes etíopes, o goberno venda as terras a estranxeiros e pidan alimentos para a poboación pobre. A clave, e solución á pobreza e fame, é darlles formación e terras aos etíopes para que poidan ser autosuficientes e non teñan que mendigar nada, e o que é peor, perder o dereito á terra que sempre foi deles. Con formación e terras Etíopía faríase un país autosuficiente; así terían terra, dignidade e sairían da pobreza.

Banca limpa

Prestan os bancos cartos a empresas que constrúen armas para matar civís? A resposta é SI, desgrazadamente. E os clientes dos bancos podemos cambiar isto. A campaña Banca limpa dá información sobre os bancos españois en relación coas armas.
Gustaríame que fixesen tamén un informe sobre Planeta limpo, para saber que bancos non invisten en proxectos que destrúen o medio ambiente.

Reutilizar + Can Masdeu

Son precisas reformas na xestión do lixo en toda Europa. É pouco práctico, molesto e incluso caro (e non é moi ecolóxico) andar levando o vidro desde a casa ao colector, o camión a un planta de xestión, despois a unha fábrica onde acaban de romper o vidro e facer outro novo. Unha botella de vidro ten unha vida útil de 50 usos, só hai que lavala e desinfectala. O lóxico é que o consumidor devolva os envases e se lle pague o seu valor. Este sistema, que é o que se usa en Alemaña, supón unha reciclaxe do 98%, porcentaxe moito maior que a do 30% que se acaba reciclando en moitos países europeos.

E o mesmo se podería facer cos envases de plástico. Isto faría que as persoas consumidoras aforrasen cartos, con menos esforzo e ademais contaminaríamos moito menos. O vídeo, realizado pola asociación Retorna, déixao claro:


Máis información en http://www.retorna.org/es//

Outra nova interesante: o movemento okupa acostuma levantar desconfianza ou rechazo nalgúns sectores. Non obstante, o equipo de El escarabajo verde de TVE puido comprobar que a coexistencia da casa ocupada de Can Masdeu cos veciños do barrio son moi boas. Deixo un vídeo
http://www.rtve.es/alacarta/videos/el-escarabajo-verde/escarabajo-verde-kasa-afueras-1-parte/1093620/

Imee Ooi: Jayamangala gatha


1. bāhuṃ sahassamabhinimmita sāyudhantaṃ
girimekhalam udita ghorā sasena māraṃ
dānādi dhamma vidhinā jitavā munindo
taṃ tejasā bhavatu te jayamangalāni

2. mārāti-reka-mabhi-yujjhita-sabba-rattiṃ
ghoram-panāḷavaka-makkha-mathaddha-yakkhaṃ
khantīsudanta-vidhinā jitavā munindo
taṃ tejasā bhavatu te jayamangalāni

3. nāḷāgiriṃ gaja-varam ati-matta-bhūtaṃ
dāvaggi-cakka-masanīva sudāruṇantaṃ
mettambu-seka-vidhinā jitavā munindo
taṃ tejasā bhavatu te jayamangalāni

4. ukkhitta-khagga-matihattha-sudāruṇantaṃ
dhāvanti yojana-pathangulimālavantaṃ
iddhībhisaṅkhata-mano jitavā munindo
taṃ tejasā bhavatu te jayamangalāni

5. katvāna kaṭṭhamudaram iva gabbhinīyā
ciñcāya duṭṭha-vacanaṃ janakāya majjhe
santena soma-vidhinā jitavā munindo
taṃ tejasā bhavatu te jayamangalāni

6. saccaṃ vihāya matisaccaka-vādaketuṃ
vādābhiropita-manam ati andha-bhūtaṃ
paññāpadīpa-jalito jitavā munindo
taṃ tejasā bhavatu te jayamangalāni

7. nando pananda-bhujagaṃ vibudhaṃ mahiddhiṃ
puttena thera-bhujagena damāpayanto
iddhūpadesa vidhinā jitavā munindo
taṃ tejasā bhavatu te jayamangalāni

8. duggāhadiṭṭhi bhujagena sudaṭṭha hatthaṃ
brahmaṃ visuddhi-juti-middhi bakābhidhānaṃ
ñāṇā gadena vidhinā jitavā munindo
taṃ tejasā bhavatu te jayamangalāni

9. etāpi Buddha jaya-maṅgala aṭṭhagāthā
Yo vācano dina dine sarate matandī
hitvānaneka vividhāni cupaddavāni
mokkhaṃ sukhaṃ adhigameyya naro sapañño

A UE triplica a radiación permitida nos alimentos

Publicouse no Oficial Journal (Boletín Oficial da UE) o día 25 de marzo unha medida que coincide co accidente da central nuclear de Fukushima. Esta nova vai en contra da saúde do consumidor, e a aprobación feita tras o accidente indica claramente que se fai para beneficiar as comercializadoras europeas da alimentación. Pouco ético é este cambio repentino.
A nova saíu en moi poucos xornais, pero saíu n`A nosa terra e no El mundo.




Roupa limpa

As multinacionais do sector téxtil ofrecen moi pouca información sobre a confección da roupa, e as condicións de elaboración da roupa faise habitualmente en países onde os dereitos dos traballadores non existen e as condicións económicas son moi beneficiosas para a multinacional. Isto pode comprobarse na recente folga que fixeron en Camboxa 800 traballadoras e traballadores, tras o cal as/os despediron (a coñecida ZARA incluída nese despedimento). Esperemos que cambien a súa actitude e as/os readmitan.
Existe a Campaña Roupa Limpa (coalición de ONGs e sindicatos), con presenza en 14 países europeos, que fai presión para que as empresas ofrezan condicións máis dignas para as traballadoras e non fai boicot a ningunha, pois non quer despedimentos senón condicións de traballo máis xustas e mellor información. Editan unha guía do consumo da roupa.
Quen queira máis información pode ir a http://www.ropalimpia.org/index.php?idi=ga .

Quentador solar

Un quentador solar é un aparello para ter auga quente a partir da calor do sol, útil na casa para ducharse, bañarse ou outros usos. Poden durar 20 anos cun mantemento fácil, e ten alta eficiencia (dun 75%). Non é un panel fotovoltaico usado para xerar electricidade, e é unha boa opción para depender menos do petróleo ou do gas. Rentabilízase en poucos anos.
Tamén existe outra versión máis económica feita a partir dun bidón negro tapado cun vidro.


 

Doutor Alberto González e comida viva



O doutor Alberto Gonzalez é médico e autor de libros. Políglota, nos últimos anos é relator sobre alimentación e saúde en diversos países, oferecendo informacións científicas. Quen queira saber máis sobre o doutor Alberto González pode visitar:
http://www.oficinadasemente.com/

Auga embotellada e cosméticos

A auga embotellada non sempre é mellor que a auga da billa, mesmo hai augas embotelladas que proceden da billa. Ademais, todo o plástico (e petróleo) que se produciu nos envases non é nada ecolóxico, e moitas veces o plástico mándano para a India. Annie Leonard recomenda volver á auga da traída, mais o certo é que na auga da billa nas cidades e vilas botan cloro (o cloro dexenera as branquias dos peixes, e en altas concentracións chega a matalos) e outros compoñentes, polo que está máis que adulterada. As autoridades dicen que as concentracións son inocuas, pero o problema é a acumulación se se bebe desta auga todos os días. A auga da fonte é unha boa alternativa, e o vidro é mellor envase que o plástico.




Pois se cadra aínda é peor o tema dos cosméticos, incluíndo xampús, desodorizantes, xabóns, lacas e produtos de hixiene ou beleza corporal. Annie Leonard fixo un estudo médico do seu corpo e estaba chea de triclosán, chumbo e retardantes do lume, todos estes son ingredientes que aparecen nos produtos da hixiene. Recomendamos reler "Hixiene segura" (30/6/2010), onde dábamos máis información deste tema.

Prajna Paramita Heart Sutra + The chant of Metta (Imee Ooi)



Arya-Avalokiteshvaro Bodhisattvo,
gambhiram prajnaparamita charyam charamano vyavalokayati,
sma pancha-skandhas tams cha sva bhava shunyam
pasyati sma.
Iha Sariputra:
Rupam shunyata,
shunyataiva rupam.

Rupan na prithak shunyata,
shunyataya na prithag rupam.
Yad rupam sa shunyata,
ya shunyata sa rupam.

Evam eva
vedana, samjna, samskara,
vijnanam.
Iha Sariputra:
Sarva dharmah shunyata-laksana,
Anutpanna aniruddha,
amala aviamala,
anuna aparipurnah.

Tasmaj Chariputra:
Shunyatayam na rupam,
na vedana, na samjna, na samskarah,
na vijnanam.

Na chaksuh, shrotra, ghrana
jihva, kaya, manamsi;
Na rupa, shabda, gandha,
rasa, sprastavaya dharmah,
Na chaksur-dhatur
yavan na manovjnana-dhatuh.

Na avidya,
na avidya-kshayo,
yavan na jara-maranam,
na jara-marana-kshayo.
Na duhkha, samudaya,
nirodha, marga.

Na jnanam,
na praptir, na apraptih.
Tasmaj Chariputra:
Apraptitvad bodhisattvasya,
prajnaparamitam asritya,
viharaty achittavaranah.
Chittavarana-nastitvad atrastro,

viparyasa atikranto,
nishtha nirvana praptah





TRYADHVA VYAVASTHITAH SARVA BUDDHAH
PRAJNAPARAMITAM ASHRITYA ANUTTARAM
SAMYAK SAMBODHIM ABDHISAMBUDDHAH

TASMAT JNATAVYAM PRAJNAPARAMITA MAHA MANTRO
MAHA VIDYA MANTRO 'NUTTARA MANTRO SAMASAMA MANTRAH
SARVA DUHKHA PRASHAMANAH SATYAM AMITHYATVAT
PRAJNAPARAMITAYAM UKTO MANTRAH TADYATHA
GATE GATE PARAGATE PARASAMGATE BODHI SVAHA







Amor, gratitude e boa saúde                              Amor, gratitud y salud 
Amor, gratidao e boa saúde                               Love, gratitude and health

Premio 2010 de Ecoloxía

Poucos o saben, pero existe un premio tipo "Nobel" de Ecoloxía.  Este ano gañouno Jesús León Santos, de 42 anos, un campesiño indíxena mexicano que estivo realizando, nos últimos 25 anos, un excepcional traballo de reforestación na sua rexión de Oaxaca, México. 

Jesús, aos 18 anos, decidiu cambiar a paisaxe onde vivía na Mixteca alta, a "terra do sol", pois este lugar parecía a lúa: campos ermos e cheos de po, sen árbores e sen auga. Había que andar grandes distancias en busca de auga e de leña. Case toda a xuventude emigraba. Con outros comuneiros do lugar, Jesús León marcou o obxectivo de reverdecer os campos. E decidiu recorrer a técnicas agrícolas precolombinas que lle ensinaron uns indíxenas guatemaltecos para converter terras áridas en zonas de cultivo e arboradas. 

Usouse unha ferramenta indíxena esquecida: o tequio, o traballo comunitario non remunerado. Reuniu 400 familias de 12 concellos, creou un Centro e, con recursos económicos limitadísimos, comezaron a loitar contra a erosión. Impulsaron un programa de reforestación. A pico e pa cavaron gabias para reter a auga das escasas chuvias, sementaron árbores, trouxeron fertilizante e plantaron sebes. Así, recargouse o acuífero. Despois, plantaron uns catro millóns de árbores de especies nativas, aclimatadas á calor e sobrias na absorción de auga.

Despois marcaron a meta de conseguir a soberania alimentaria para as comunidades indíxenas e campesiñas. Desenvolveron un sistema de agricultura ecolóxica, rescatanto sementes nativas de millo, cereal orixinario desta rexión. Tras 25 anos, hoxe a Mixteca alta volveu a reverdecer. Xurdiron fontes con máis auga. Hai árbores e alimentos. E a xente xa non emigra. Actualmente, Jesús León e os seus amigos loitan contra os transxénicos, e sementan unhas 200.000 árbores anuais...
 

A carie dental cúrase

Os dentes e moas poden remineralizarse e reconstruírse sen cirurxía nin empastes. As investigacións do dentinta Weston A. Price, como tamén doutros dentistas como George W. Heard, demostraron que as pezas dentais necesitan recibir unha nutrición rica en minerais, micronutrientes e vitaminas combinados coa abstinencia de todos os alimentos refinados, en especial azucre e fariñas brancas; tamén debemos evitar vinagre ou froitas moi ácidas. Os elementos máis saudábeis están nos alimentos crus, polo que convén ter alta porcentaxe dos mesmos para eliminar unha carie dental. O odontólogo Heard tamén recomenda leite cru de vacas que pastaron en prados, de maneira que axuda a reconstituír o dente, o cal non o fará o leite pasteurizado. 

Tamén é imprescindíbel recibir luz solar todos os días para que haxa suficiente vitamina D, moi importante para ósos e dentes. Axudará tamén tomar alimentos ricos en calcio asimilábel, como o sésamo ou as algas do mar (non vale o leite ou queixos pasteurizados). Importa facer unha boa limpeza dental, quitando os restos de comida (sobre todo se non son crus), e débense evitar pastas dentais con glicerina, pois esta cobre os dentes e impide a súa remineralización. É mellor evitar dentífricos e usar no seu lugar sal integral celta.

O experimento: no 3º grupo a curación ten un 90% de éxito
O máis importante son a vitamina D (estar á luz diurna todos os días un mínimo de 2 horas, sen que nos queime o sol, claro) e a abstención de cereais e azucres refinados (nada de pan, galletas, chocolate...). O ideal é non tomar cereais, pois o ácido fítico favorece as caries. Os descubridores da vitamina D, os doutores Mellanby, curáronlles a caries a nenos con administración de vitamina D e abstención de cereais. Estes doutores fixeron tres grupos de 62 nenos con caries: o 1º comeu dieta normal + avea (rica en ácido fítico), o 2º comeu dieta normal + vitamina D, e o 3º grupo comeu dieta sen cereais + vitamina D. As caries do 1º grupo aumentaron, as do 2º curaron ou diminuíron, mais as do grupo 3º curaron practicamente todas as súas caries. Este estudo publicouse no British Medical Journal (1932, 1: 507) e no British Dental Journal, mais parece que non interesa divulgalo.

O doutor e investigador Weston Price tamén curou caries cunha dieta parecida. Price daba antes de comezar a comer un zume de laranxa ou tomate (120 ml) e unha culleradiña de aceite de fígado de bacallau e manteiga (vitamina K2), ambos ricos en vitaminas. Despois dáballes unha cunca de case medio litro dun guiso de carne e verduras, que se facía con tuétano e filetes finos de carne tenra (a carne asábase primeiro para que mantivese o seu zume e despois cortábase moi fina e engadíase á sopa de tuétano) e con verduras e moitas cenouras amarelas; a continuación daba fruta asada, sen azucres, e uns roliños integrais de trigo recén moído, cun pouco de manteiga. O trigo moíase a diario, e tamén daba dous vasos de leite enteiro a cada neno. O menú variaba con sopa de peixe ou asado en vez do guiso.

Weston Price usou trigo integral recén moído, e este ten fitasa, enzima que degrada o ácido fítico. A manteiga e o aceite de fígado de bacallau son ricos en vitamina K2, a cal é sinérxica coa vitamina D, mellorando a saúde ósea e dental.

Deixo aquí tamén ligazóns interesantes para ampliar:
* Libro "Dientes Sanos del Nacimiento hasta la Muerte" (Dr. en Quimica, Profesor e investigador de Fluor por más de 18 años/ Jerar F.Judd) =>  http://www.megaupload.com/?d=BZUL7RQ
* Tratamento da dor de moas: 
* Varios datos interesantes: 
http://deadsunrise.net/2010/curando_las_caries.html

Dr. Alberto González e o alimento vivo




O doutor Alberto González demostra no libro Lugar do médico é na cozinha que o chave da saúde está en alimentarse con frutas e hortalizas, deixo acó ligazón a un vídeo muito interesante:
http://oficinadasemente.com.br/

Venenos: Aspartamo, fluor, modificación xenética...



Aínda que o vídeo é impresionante, hai que deixar esta información á disposición do público para que sexa máis consciente do que compra. Os alimentos procesados é mellor evitalos ou eliminalos e manter unha dieta cun importante número de frutas e verduras, algún legume e froitos secos, algún cereal integral, e quen coma proteínas animais debe escoller peixe do mar (as piscifactorías botan antibióticos como preventivo) e carne ecolóxica ou da caza.

Auga do mar

A auga do mar usouse durante miles de anos polo seu poder de curación. Xa no ano 2500 a.C., na China, o emperador Fu-Shi, pai da medicina mariña, recomendaba a auga do mar, as algas mariñas e sales mariños para recuperar a saúde.

En Francia, o investigador René Quinton descubriu que os elementos da auga do mar son os mesmos elementos que están presentes nas células humanas, e que o plasma do sangue e a auga do mar eran moi semellantes.

A investigación continuou entre 1919-1950, e xunto co doutor Jarricot fundou os Dispensarios Mariños. Nestas clínicas usaban a auga do mar para curar enfermidades como a cólera, a febre tifoidea, a tuberculose, enfermidades da pel e desnutrición.

Claro, isto nunca o van difundir as multinacionais farmacéuticas, que gañan moito máis con medicamentos caros dos cales tiran enormes beneficios. Deixo un documento divulgativo e mais outra web sobre a auga do mar:
* http://elproyectomatriz.files.wordpress.com/2010/10/epm-146-agua-de-mar-un-plasma-marino-al-alcance-de-todos.pdf
* http://oceanplasma.org/documents/therapiese.html


De todas as maneiras, a auga do mar sería un complemento da dieta (tomar 10 mililitros cada día, podendo aumentarse paulatinamente até 40 ml), mais a auga doce é necesaria para hidratarse porque a auga do mar contén sobre 35 gramos de cloruro de sodio por litro, e o sangue humano regúlase para ter un rango de 9g/l de cloruro de sodio. A auga do mar é diurética, por tanto amolece as feces (mais mantendo a súa forma), e pode usarse na cociña (arroz, sopas, puré de verduras...) enriquecendo as receitas con 80 minerais. A proporción para bebela ou cociñar é 5 partes de auga doce e 2 partes de auga de mar.



Zeitgeist: vídeos que destapan inxustizas

Parécevos normal un mundo onde o 1% das persoas teñan o 40% de toda a riqueza mundial? E onde a metade da poboación viva con menos de 2 dólares ao día?
Un mundo onde morren cada día 34.000 meniñas e meniños por falta de atención.
Un mundo onde temos recursos máis que suficientes para escolarizar, educar e alimentar toda a poboación e o peor: non se fai! Acabo de vos describir o mundo que temos (con datos obxectivos).

Están xurdindo serias e consistentes críticas sobre o sistema financeiro actual, e non só referido á política non ética dos bancos, senón a un sistema monetario que non funciona. Xa no libro d`As nove revelacións se apunta a un mundo sen diñeiro, e parece que este pode ser a solución a un mundo enfermo en todos os sentidos. Os bancos e as multinacionais teñen tanto ou máis poder que os propios gobernos e, cando lles convén, crean inflación (que é un imposto oculto) e fan moito mal á sociedade. As multinacionais teñen derrocado presidentes creando mentiras. A corrupción é moito maior do que a sociedade pensa, pero moito, e unhas poucas mans (multinacionais, bancos e algúns gobernos) dirixen o mundo (con sobornos, malas artes e asasinatos incluídos), e o resto do mundo (case todo o mundo) é un ESCRAVO sen SABELO.

Non vos contei unha película de ciencia ficción, senón o corrupto que está o mundo.
Déixovos dous vídeos da serie Zeitgeist, que explica moi ben o que vos dixen. Recomendo ver a serie completa, despertarás