Cloruro de magnesio

O Cloruro de magnesio é un sal amargo, escaso nos alimentos, bon para recuperar o equilibrio perdido polos sales de potasio. Os alimentos actuais ademais, debido á sobreexplotación das terras, uso de pesticidas e refinación e procesado son aínda máis pobres en magnesio que hai un século.

O cloruro de magnesio está constituido por cloro e magnesio; case o 60 % do magnesio do corpo está nos ósos, un 26% nos músculos e o resto nos tecidos brandos e líquidos corporais. O magnesio axuda a fixar o calcio nos ósos, activa os riles para eliminar o ácido úrico das articulacións, evita infartos e purifica o sangue. Ademais, reduce o cansazo intelectual, flexibiliza arterias, elimina a atrofia muscular, corrixe o desequilibrio mineral, modera os malestares dixestivos e intestinais; é un tranquilizante, tamén laxante e prevén problemas de próstata.

Fontes ricas en magnesio son a auga do mar, arroz integral (143) e cereais integrais, froitos secos -améndoas, sésamo, noces, abelás, pipas de xirasol (354), pipas de cabaza (534)-, castañas secas... e frutas (kiwis, plátanos) e verduras (folla escura sobre todo: perexil, repolos, coliflor, cabaza, cebola, cenoura) teñen cantidades apreciables deste mineral.

Se hai descalcificacións, déficit evidente de magnesio ou mala absorción, o suplemento de cloruro de magnesio é unha opción que se debe ter en conta. Pódese tomar vía oral ou tamén facer aceite de magnesio (cloruro de magnesio e auga, e botar na pel, que o absorbe mellor que o canal dixestivo) ou facer lavados dos pés botando unha cullerada de magnesio. A maneira máis fácil e natural de termos o magnesio adecuado no corpo é beber medio vaso de auga do mar ao día, auga que ademais é rica noutros micro-nutrientes (exactamente todos os da táboa periódica, segundo o veterinario Ángel Gracia, consumidor de auga do mar desde hai máis de 20 anos). Pódese beber auga do mar rebaixada con auga doce (1 parte auga do mar, 3 de agua doce e un pouco de zume de limón), ou mesmo engadir pequenas cantidades (10-30 ml) nos zumes naturais ou infusións.