Tao Te King

Conformándote con pouco, lograrás moito.
Perseguindo moito, desviaraste do camiño.
A persoa sabia atende este precepto.
E sería bon que este precepto tamén convenza a todas as persoas!

A persoa sabia non cre só naquilo que ve cos seus ollos físicos,
e por tanto, ve claro.
Ela non se considera como a única que ten a razón, e por tanto, sabe a verdade.
Ela non ten sede de honra, pero as persoas hónrana.
Non busca ser unha autoridade, pero as persoas séguena.
Non loita contra ninguén e, por tanto, é invencíbel.
Non sente a autocompaixón, e por tanto, pode perfeccionarse con éxito.
Só aquel que non procura estar diante de todos pode vivir en harmonía con todos.

A persoa sabia ocúpase de todos e, por tanto, vólvese un exemplo para todos.
É luminosa, mais non busca brillar.
Non se louva, pero aínda así respétana.
Non se enaltece e, por tanto, sempre a teñen en moita estima.
En tempos moi antigos dicíase que o imperfecto se move cara á Perfección.
E logo son palabras inútiles? Non!
En verdade, se alcanzas a Unidade, chegarás á Perfección!

Lao Tzé (texto 22)