Amálgamas dentais

Se tedes que facer empastes na boca, evitade as amálgamas de mercurio porque soltan este derivado mercurial e intoxicavos o corpo. E se as tedes, cambiadeas polas brancas nun dentista de moita confianza e coñecedor do tema e sen máis interese que a túa propia saúde. O debate está aí porque a de mercurio é mais barata e o dentista pode gañar máis ou cobrar menos, pero a saúde quen a paga?
Ao eliminar amálgamas dentais de mercurio (50%) e outros metais, é conveniente tomar tamén algun medicamento e infusión de cilantro para axudar a eliminar o mercurio do corpo (as amálgamas de mercurio afectan a diversos órganos importantes, como fígado ou cerebro). Hai 3 países europeos nos que están prohibidas estas amálgamas de mercurio, así que non é ningunha parvada radical o que estou dicindo, digo eu.
Tede en conta tamén que a carie dental cúrase, e isto díxérono reputados dentistas e demostrárono con pacientes (con estudos publicados en revistas de medicina acreditadas). Vede o artigo de marzo de 2011 neste mesmo blogue.

Mudando de tema case radicalmente, e no meu desvarío ocasional (non permanente, senón sería tolemia) penso que non creo que poidamos chegar a un mundo sen guerras (porque teño bastante constancia das mais de 5000 guerras que levamos na historia da humanidade), pero gústame soñar ás veces como sería ese mundo. Porque soñar é libre.

2 comentarios:

  1. as bombillas de consumo baixo tamén teñen mercúreo... non habían ser todo vantaxes. e outros inconvenientes

    ResponderEliminar
  2. Si, é verdade e deben de levarse a un punto limpo cando se funden porque contaminan moito. E as barras fluorescentes tamén levan mercurio e non deberan ir para o lixo. Grazas, atrapado por partipares no blogue.

    ResponderEliminar