O Cumio de Copenhague e un 2010 próspero

O cumio de Copenhague foi un encontro de 128 países para crear compromisos para reducir as emisións de CO2 e mellorar a natureza. Nese encontro falouse moito, houbo un importante avance en axudas económicas aos países con menos recursos, máis non houbo acordos de redución de emisións por parte de ningún país. Agardemos que sexa o 2010 un ano para chegar a un acordo global e real, e as reducións comecen xa nun planeta Terra enfermo (ecoloxicamente falando) que nos manda sinais de respeito.
Algúns científicos (como Matthew Schmidt, do Instituto Tecnolóxico de Xeorxia) están estudando o desxelo do Polo Norte e o cambio de salinidade da auga que se está producindo; esta mudanza pode provocar a paralización da corrente do Golfo e traería unha nova glaciación a Europa e parte dos Estados Unidos. É unha teoría e esperemos que non chegue á realidade, mais advirtenos das tremendas modificacións que estamos facendo nas augas do planeta Terra e aínda as que seguiremos facendo.
Para o 2010 pido un ano con compromisos co planeta Terra, coa natureza, coas xentes e que traia moita felicidade a todo o mundo.

1 comentario:

  1. Oxalá teñas razón e o 2010 sexa o ano da terra, non estaría mal :)

    Por certo, son Ana da Galescola, coñézote de ir levar a Simo e quedeime moi sorprendida co teu blog, gustoume moito e paréceme moi interesante. Eu teño un blog pero adicado a un programa que teño en Radio Foz, de música, polo que deduzo, que non che ha gustar :)

    Un saúdo, añádome como seguidora!

    ResponderEliminar