Desmantelando o rural

Galicia perde poboación no rural e a Xunta debe tomar as medidas oportunas para que isto non ocorra, potenciar ou manter polo menos os mínimos servizos existentes. Agora a Xunta (PP) quer privatizar os servizos de comedor de Cervantes, Ourol e Ribeira de Piquín -en Lugo-, e de Baltar, O Bolo, Calvos de Randín, Xunqueira de Espadañedo e San Mamede de Montedorramo -na provincia de Ourense- e poñer neles un cátering privado. Varios sindicatos cren que se trata do "primeiro paso" para un peche de colexios "onde hai unha maior caída de matrícula, no rural", tras recordar "outras experiencias" rexistradas anteriormente.
Deputados da Xunta, defendede o rural, que xa está desatendido abondo. Tomade medidas para o protexer e non para o desmantelar. Pisade o campo, visitade eses colexios, falade coa xente deses centros para saber das súas necesidades e protexede o agro para que a xente non se teña que marchar (xa marchou abonda).

Ningún comentario:

Publicar un comentario