Auga embotellada e cosméticos

A auga embotellada non sempre é mellor que a auga da billa, mesmo hai augas embotelladas que proceden da billa. Ademais, todo o plástico (e petróleo) que se produciu nos envases non é nada ecolóxico, e moitas veces o plástico mándano para a India. Annie Leonard recomenda volver á auga da traída, mais o certo é que na auga da billa nas cidades e vilas botan cloro (o cloro dexenera as branquias dos peixes, e en altas concentracións chega a matalos) e outros compoñentes, polo que está máis que adulterada. As autoridades dicen que as concentracións son inocuas, pero o problema é a acumulación se se bebe desta auga todos os días. A auga da fonte é unha boa alternativa, e o vidro é mellor envase que o plástico.




Pois se cadra aínda é peor o tema dos cosméticos, incluíndo xampús, desodorizantes, xabóns, lacas e produtos de hixiene ou beleza corporal. Annie Leonard fixo un estudo médico do seu corpo e estaba chea de triclosán, chumbo e retardantes do lume, todos estes son ingredientes que aparecen nos produtos da hixiene. Recomendamos reler "Hixiene segura" (30/6/2010), onde dábamos máis información deste tema.

Ningún comentario:

Publicar un comentario