A acuicultura contaminante

A acuicultura do salmón nas Rías Baixas galegas é rechazada frontalmente polas persoas que viven do mar. Simplemente, non a queren e argumentan a sua postura cos problemas de contaminación que esta industria acuícola xa causou noutros lugares. No escaravello verde está o vídeo:
http://www.rtve.es/alacarta/videos/el-escarabajo-verde/escarabajo-verde-espinas-del-salmon/1113763/
O certo é que moito habería que falar dos problemas da acuicultura debido ao uso indiscriminado dos antibióticos, polo que non é aconsellábel consumir peixe de piscifactoría (pasan os antibióticos ao organismo de quen consome este peixe "dopado"), e tamén do que contaminan no mar as plantas de acuicultura. O goberno galego está tramitando 23 novas plantas de acuicultura, e boa parte delas en Rede Natura 2000, co cal o rico ecosistema galego vai estar en perigo (ademais doutros, porque aos peixes das piscifactorías tráenlles para comer peixes doutros hábitats afastados), porque o sistema de depuración é de risa: unha malla de 2 mm de grosor. Os nosos peixes do mar van comer antibióticos, feces e outras porcarías que sairán dos refugallos das piscifactorias. Resumindo: máis contaminación da gorda para o mar, que xa non hai abonda, ho. Suspenso fulminante para o goberno galego, apercibimento e indignación da cidadanía.

Ningún comentario:

Publicar un comentario