Consumo de peixes grandes

O ministerio de Sanidade español recomenda NON comer atún vermello, peixe espada nin tiburóns (como o marraxo) polo excesivo contido de mercurio que teñen os peixes grandes. Especialmente incídese en que embarazadas e nenos menores de 2 anos eviten estes peixes, e os nenos de entre 3 e 12 anos non deben pasar dos 50 gramos semanais. O mercurio pode causar alteracións no desenvolvemento neuronal do feto (se unha embarazada tomase de máis) e tamén no desenvolvemento xeral dos nenos de curta idade.

Tamén se desaconsella o centolo, o boi, as gambas e os cangrexos polo excesivo nivel de cadmio concentrado na cabeza. Canto ás hortalizas, non se deben tomar moitas acelgas nin espinacas, porque poden ter moitos nitratos.
Pararemos os seres humanos de tirar mercurio ao mar?
E pararemos de consumir verduras cultivadas con abuso de fertilizantes non orgánicos ou procedentes dos invernadoiros (estas teñen máis nitratos)?

Ningún comentario:

Publicar un comentario