Neno quer salvar o corno de África

O corno de África afronta a peor crise alimentaria do século XXI. A ONU declarou que hai  unha fame extrema en dúas rexións do sur de Somalia. Máis de 12 millóns de persoas -4,5 millóns en Etiopía, 3,5 millóns en Kenia, 3,8 millóns en Somalia e medio millón en Uganda- non teñen garantida comida nin auga limpa.

Un neno ghanés de 11 anos está decidido en cumprir un soño para salvar os rapaces famentos de Somalia. Chámase Andrew Adansi Bonnah, alumno nunha escola en Accra, e ten a meta de recadar 20 millóns de cedis (uns 13 millóns de dólares) para axudar os nenos somalís que sofren os efectos da seca. Desexámoslle moito éxito.

Ningún comentario:

Publicar un comentario