Contaminación electromagnética

Chámalle contaminación electromagnética ou chámalle radiacións, tanto ten a denominación, o caso é que o electromagnetismo estanos invadindo na actualidade. Os fornos microondas, a telefonía móbil, as neveiras, os wifi, os enchufes, os secadores do pelo, as máquinas eléctricas de afeitar, as cociñas de indución etc xeran uns campos eléctricos no interior das vivendas maior do recomendado mesmo por organismos moderados como a Unión Europea. No ano 2007 o goberno alemán recomendou reducir ao mínimo a exposición a campos electromagnéticos de alta frecuencia, recomendando as redes de internet por cable e evitar as wifi.


Xurdiron tamén aparatos protectores de radiacións, pero segundo Joan Carles López, membro de GEA (Asociacion de Estudios Geobiologicos) estes aparatos non funcionan. Hai un vídeo sobre este experto en radiacións que é moi esclarecedor, con linguaxe sinxela, sobre este tema non moi tratado nos medios de comunicación.


 O Consello de Europa nun informe de maio de 2011 (reunidos 31 científicos de 14 países), con respecto á wifi recomenda directamente "a prohibición de todos os telefonos mobiles, teléfonos DECT, WIFI e sistemas WLAN en todas as aulas e escolas" (cita textual) apostando pola conexión a internet por cable e a telefonía fixa. A OMS e a IARC clasificaron as radiacións electromagnéticas da telefonía mobil como "posiblemente canceríxenas" e aconsellan reducir a súa exposición. O Consello de Europa, no documento citado, pidelles aos gobernos que reduzan a exposición a estas radiacións e nas escolas pide a prohibición dos WIFI e telefonia móbil(xa sei que o repito). Máis información deste tema en Discovery Salud.

Os colchóns de muelles, os futóns, os obxectos metálicos na cabeceira da cama, os reloxos-despertadores deben evitarse e o tema é extenso. Déixovos o blogue dos expertos en radiacións Joan Carles López e Mariano Bueno. Tamén están ben, con completa información baseada en estudos científicos, as páxinas de GEA e de gigahertz.

Ningún comentario:

Publicar un comentario