A LONXEVIDADE de Li Chung Yuen


Li Ching Yuen viviu 251 anos. Naceu na provincia de Szechuan en 1678, e viviu case toda a súa vida nas montañas recollendo plantas e buscando métodos para a lonxevidade. Nos seus aniversarios 150 e 200 foi felicitado polo Goberno chinés. Tivo 14 esposas.

El atribuíu a súa lonxevidade ao vexetarianismo habitual, rápidos paseos diarios e beber unha fórmula de herbas feita a partir de centella asiática. Era un fitoterapeuta e deu con 200 anos unha charla, nunha universidade na China,  sobre os segredos da lonxevidade.


A dieta de Li Ching Yuen baseábase en plantas silvestres e frutas, mais tamén consumía algo de arroz e o viño deste cereal. Comía normalmente Shou Wu, Ginseng, Gotu Kola (follas na ensalada e como té) e baias de Goji crúas e cocía Shou Wu con Ginseng. Existe evidencia de que comía peixe e moi de vez en cando carne de animais salvaxes (só dúas veces ao ano). As herbas que consumiu regularmente foron:
Shou Wu (Polygonum multiflorum), ginseng, Gotu Kola (Centella Asiatica), Dang Gui (Angelica Chinensis,  alta en B12), Gan Cao (fundamental da MT chinesa), baias de GoJi e o cogomelo Reishi.

Li uniuse ao exército chinés con 71 anos, como conselleiro táctico e profesor de artes marciais. Pasou a maior parte da súa vida nas montañas recollendo e aprendendo sobre herbas.  O xeneral Yang Sen investigou a vida de Li Ching Yuen, e compilou os seus descubrimentos no libro  Un relato dun home de 250 anos de boa sorte. A incrible lonxevidade e as reivindicacións sobre centella asiática causaron impacto, e foron demostradas posteriormente polo bioquímico francés Jules Lépine, que descubriu que as follas teñen potentes efectos rexuvenecedores sobre os nervios, células do cerebro e do sistema endócrino. O Profesor Menier confirmou o mesmo en estudos separados. 


No libro Ancient Secrets of Youth de Peter Kelder, o mestre de Tai Chi Da Liu (discípulo de Li Ching-Yuen), conta que aos 130 anos o Mestre Li atopou un ermitán máis vello nas montañas que lle ensinou Baguazhang e un conxunto de exercicios de Chi kung con instrucións de respiración, movementos coordinados con sons específicos e recomendacións dietéticas (ginseng, shou wu, rei shi e baias de Goji). Da Liu dixo que o seu mestre dixo que a súa lonxevidade "é debida ao feito de que eu executei os exercicios todos os días - regularmente, correctamente, e con sinceridade - durante 120 anos." Ademais,
Li deu 3 consellos para vivir máis e mellor:

1)      Evitar os extremos emotivos, que impiden o funcionamento harmonioso dos órganos.
2)     Non apurar, todo leva o seu tempo.
3)     Practicar exercicios físicos e de respiración (chi kung) cada día.

O segredo da lonxevidade segundo Li Cheng Yen: Séntate como unha tartaruga, durme coma un can e anda alegre como un pombo e o máis importante: mantén sempre o corazón tranquilo. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario