Microplásticos no corpo humano

Xa tocaba escribir de novo no caderno. Hoxe só é para vos deixar unha entrevista feita a Nicolás Olea,catedrático en Medicina, e investigador dos plásticos que están presentes na urina humana, mesmo nas mulleres embarazadas e nos lactantes.

Os microplásticos (ou petróleo) xa hai máis de 30 anos que aparecen na urina (feito moi negativo constatable en numerosos estudos médicos), e na actualidade comezan a aparecer no sangue e noutros lugares do corpo.  Tamén fala do bisfenol A -xa prohibido nos biberóns dos lactantes e nas latas de conserva-, dos tóxicos nos alimentos, do BPA presente no papel reciclado (procedente do papel térmico), dos ftalatos (disruptores endócrinos)...

Os disruptores endócrinos poden ocasionar infertilidade, cáncer, obesidade, diabetes, quistes nos ovarios, autismo, entre outras enfermidades. O ideal é reducir os plásticos dos envases, da roupa, das pinturas, dos solos que pisamos, evitar cosmética química, tomar alimentos de tempada e proximidade. Aí queda o vídeo:



Ningún comentario:

Publicar un comentario