No Brasil o 44% da enerxía é renovábel

O Brasil é un bo exemplo do camiño que debe seguir esta desorientada humanidade, que moito fala de ecoloxía e pouco fai, á parte dos destrutores masivos aos que lles é igual destragar o mundo con tal de ter o peto quente con cartos e pasalo ben (incluíndo persoas, dirixentes, multinacionais, políticos e países mal chamados demócratas). O 44% da enerxía que consome o Brasil procede das renovábeis, mentres que na nosa "avanzada" Europa estamos nun triste 6%.

O recente cumio de Durban (Sudáfrica) aprobou estender o protocolo de Kioto, mais con importantes incógnitas (ata novembro de 2013 -cumio de Catar- non se concretará o marco de emisións) e co descontento da representación de 43 pequenas illas, fortemente ameazadas de desaparecer do mapa se sobe o nivel do mar debido ao continuo desxeo dos cascos polares. Esperemos que os gobernos se impliquen decididamente na conservación do planeta. Non é normal:
* seguirmos deforestando o mundo (China vai á cabeza no consumo de madeira das selvas), con talas ilegais moitas veces
* repartir mal a comida e tirar moita (antes de chegar incluso aos fogares), sabendo que no mundo morren de fame moitas persoas
* queimar a toda velocidade os combustíbeis fóseis dicindo que é polo progreso (progreso?), á parte de que estes combustíbeis teñen subsidios; se non tivesen subvencións, as enerxías renovábeis probabelmente serían máis baratas que o petróleo, o carbón e a nuclear
* malgastar enerxía (stand by as 24 horas)
* crear montóns de lixo e queimalos ou mandalos aos países "pobres"
* enterrar residuos radioactivos que tardarán millóns de anos en deixar de ser perigosos (e logo agora xa somos adiviños para saber que non lles vai pasar nada a eses cemiterios? somos tan listos que controlamos os movementos sísmicos por millóns de anos?) e aínda encima dicir que é enerxía limpa.
* inducir ás persoas ao consumismo (mercar, comprar...) e á práctica do usar e tirar, co visto e prace dos gobernos para así recadaren máis cos impostos. No Nadal, e durante todo o ano, evitemos o consumismo (e evitemos no posíbel a publicidade e a televisión).

Ningún comentario:

Publicar un comentario