Cloruro de magnesio

O Cloruro de magnesio é un sal amargo, escaso nos alimentos, bon para recuperar o equilibrio perdido polos sales de potasio. Os alimentos actuais ademais, debido á sobreexplotación das terras, uso de pesticidas e refinación e procesado son aínda máis pobres en magnesio que hai un século.

O cloruro de magnesio está constituido por cloro e magnesio; case o 60 % do magnesio do corpo está nos ósos, un 26% nos músculos e o resto nos tecidos brandos e líquidos corporais. O magnesio axuda a fixar o calcio nos ósos, activa os riles para eliminar o ácido úrico das articulacións, evita infartos e purifica o sangue. Ademais, reduce o cansazo intelectual, flexibiliza arterias, elimina a atrofia muscular, corrixe o desequilibrio mineral, modera os malestares dixestivos e intestinais; é un tranquilizante, tamén laxante e prevén problemas de próstata.

Fontes ricas en magnesio son a auga do mar, arroz integral (143) e cereais integrais, froitos secos -améndoas, sésamo, noces, abelás, pipas de xirasol (354), pipas de cabaza (534)-, castañas secas... e frutas (kiwis, plátanos) e verduras (folla escura sobre todo: perexil, repolos, coliflor, cabaza, cebola, cenoura) teñen cantidades apreciables deste mineral.

Se hai descalcificacións, déficit evidente de magnesio ou mala absorción, o suplemento de cloruro de magnesio é unha opción que se debe ter en conta. Pódese tomar vía oral ou tamén facer aceite de magnesio (cloruro de magnesio e auga, e botar na pel, que o absorbe mellor que o canal dixestivo) ou facer lavados dos pés botando unha cullerada de magnesio. A maneira máis fácil e natural de termos o magnesio adecuado no corpo é beber medio vaso de auga do mar ao día, auga que ademais é rica noutros micro-nutrientes (exactamente todos os da táboa periódica, segundo o veterinario Ángel Gracia, consumidor de auga do mar desde hai máis de 20 anos). Pódese beber auga do mar rebaixada con auga doce (1 parte auga do mar, 3 de agua doce e un pouco de zume de limón), ou mesmo engadir pequenas cantidades (10-30 ml) nos zumes naturais ou infusións.


Contaminación electromagnética

Chámalle contaminación electromagnética ou chámalle radiacións, tanto ten a denominación, o caso é que o electromagnetismo estanos invadindo na actualidade. Os fornos microondas, a telefonía móbil, as neveiras, os wifi, os enchufes, os secadores do pelo, as máquinas eléctricas de afeitar, as cociñas de indución etc xeran uns campos eléctricos no interior das vivendas maior do recomendado mesmo por organismos moderados como a Unión Europea. No ano 2007 o goberno alemán recomendou reducir ao mínimo a exposición a campos electromagnéticos de alta frecuencia, recomendando as redes de internet por cable e evitar as wifi.


Xurdiron tamén aparatos protectores de radiacións, pero segundo Joan Carles López, membro de GEA (Asociacion de Estudios Geobiologicos) estes aparatos non funcionan. Hai un vídeo sobre este experto en radiacións que é moi esclarecedor, con linguaxe sinxela, sobre este tema non moi tratado nos medios de comunicación.


 O Consello de Europa nun informe de maio de 2011 (reunidos 31 científicos de 14 países), con respecto á wifi recomenda directamente "a prohibición de todos os telefonos mobiles, teléfonos DECT, WIFI e sistemas WLAN en todas as aulas e escolas" (cita textual) apostando pola conexión a internet por cable e a telefonía fixa. A OMS e a IARC clasificaron as radiacións electromagnéticas da telefonía mobil como "posiblemente canceríxenas" e aconsellan reducir a súa exposición. O Consello de Europa, no documento citado, pidelles aos gobernos que reduzan a exposición a estas radiacións e nas escolas pide a prohibición dos WIFI e telefonia móbil(xa sei que o repito). Máis información deste tema en Discovery Salud.

Os colchóns de muelles, os futóns, os obxectos metálicos na cabeceira da cama, os reloxos-despertadores deben evitarse e o tema é extenso. Déixovos o blogue dos expertos en radiacións Joan Carles López e Mariano Bueno. Tamén están ben, con completa información baseada en estudos científicos, as páxinas de GEA e de gigahertz.

Cura total positivo

Esta cura en particular está inspirada no que comían diariamente os oito xesuitas que sobreviviron á bomba atómica lanzada sobre Hiroshima. Estaban dentro do quilómetro e medio de distancia do centro da explosión. Ninguén máis sobreviviu e atribuiuse a un milagre. Posteriores investigacions demostraron que os salvou o arroz vermello con sésamo torrado e sal que tomaban como alimento diariamente.
 Pódese facer con arroz integral, gomasio e sal integral (ou en vez do sal, auga do mar). Na seguinte ligazón Suzanne Powel sinala como seguir esta mono-dieta, quedamos agradecidos a Suzanne.


 A Cura Total Positivo resulta efectiva para aliviar ou curar completamente as seguintes enfermidades:
Cáncer, mormeira, gripe, febre, malestar dixestivo, obesidade, halitose, artrite, enfermidades crónicas, problemas oculares, retención de líquidos, depresión, estado de ánimo baixo, cansazo, trastornos nerviosos e mentais diversos...

Curar escordadura e sensibilidade química múltiple

Se tes unha escordadura nun pé, o cal é moi doloroso, se vas ao traumatólogo farache radiografía, despois venda, despois receitarache repouso e ao mellor muletas. Escoita a alternativa de Angel Gracia, que foi seleccionador da copa Davis por Venezuela, veterinario e experto en auga de mar:
 / / /                                                                       

A sensibilidade química múltiple, fibromialxia, fatiga crónica... que non as sabe curar a medicina oficial occidental, desde o prisma persoal de Angel Gracia:
/ / /    
 

Auga de mar e saúde

A páxina web cienciayespiritu.com pon textualmente un par de datos que me gusta compartir:

El bioterrorismo que sufre la poblacion mundial, actualmente, por culpa de los desastres nucleares de Japon, es un ejemplo que demuestra cómo estamos siendo sometidos por un bioterrorismo cuyos cerebros grises estan protegidos y dirigidos por la ONU, la OMS, la UNICEFF, los ministerios de sanidad de todos el mundo y los gremios de profesionales universitarios globalizados que mansa y corruptamente aceptan los aprendizajes académicos y científicos que se imparten en las universidades. Especialmente en la enseñanza de las Ciencias Biológicas.

En las universidades se enseña y se aprende la desnutrcición cuyo objetivo es destruir la Salud Pública, bajo el patrocinio de las industrias farmaceúticas y médicas que venden vacunas y medicamentos, todos venenosos y tóxicos, porque es mejor negocio cuidar la enfermedad que cuidar la salud. Motivo por el cual, se niega y calumnia el uso de los nutrientes que, gratis, nos ofrece la Naturaleza, como el agua de mar y el sol que nosotros ofrecemos en "La Hoja de Ruta de la Salud: Agua de Mar y Sol". Es imperativo nutrir a la población mundial y exigir un juicio, tipo Nuremberg, contra los bioterroristas acdémicos y científicos que manejan el planeta" 


A continuación, deixo umha ligazón boa e 2 interesantes vídeo sobre a nutrición e auga do mar: 




Se vos interesou, lembrade que xa falamos deste mesmo tema hai 2 anos, e deixamos ligazón aquí.

Desintoxicarse con aceite

Na medicina alternativa fanse enxaugaduras da boca con aceite (de xirasol ou sésamo, biolóxico), procedemento moi beneficioso para a boca e o corpo. É un procedemento da medicina ayurvédica e cura 30 enfermidades como dores de cabeza, diabete, asma, problemas da pel, alerxias, infecciones da boca, reduce a placa dental, cura a xinxivite, branquea a dentadura e aperta os dentes frouxos.

A lingua é un órgano que elimina toxinas do corpo. Facer unha enxaugadura diaria con aceite elimina as toxinas de todo o corpo a través da lingua, segundo a medicina ayurvédica. Para practicalo, enxaugamos a boca cunha cullerada de aceite (de sésamo ou xirasol, de 1ª presión en frío) durante 15 a 20 minutos co estómago vacío, de preferencia pola mañá antes de beber nin comer nada e despois cóspese.

Pode repetir a operación dúas veces ao día se quer desintoxicarse máis rápido. Non trague o aceite pois tras a enxaugadura conterá parasitos, toxinas e bacterias. Non faga gargarexos, o aceite só entra en contacto coa boca. Fágao a modo.

O empeoramento dos síntomas é un excelente indicativo de que a enfermidade está en proceso de curación; mais se a reacción é demasiado forte, reduza a dose e o tempo do enxaugadura.

Esta terapia é de práctica moi común na India e xa foi comprobada medicamente como positiva para previr e erradicar enfermidades da boca. 

Fonte: Revista Mundo Natural
http://www.revistamundonatural.com/noticia.cfm?n=87#ixzz2G6Xq8OtZ

Talvez

Um homem possuía um belo cavalo. Certo dia, o cavalo desapareceu e seus vizinhos sabendo da notícia, exclamaram:
- Que má sorte!
Mas o homem simplesmente respondeu:
- Talvez...
Passado algum tempo, o cavalo reapareceu, trazendo consigo três ou quatro cavalos selvagens tão ou ainda mais belos e formosos do que ele. Os vizinhos, tomando conhecimento do fato, disseram:
- Que boa sorte!
Mas o fazendeiro simplesmente respondeu:
- Talvez...

O filho mais moço do fazendeiro então resolveu domar um dos cavalos mas o cavalo era selvagem e em um movimento brusco arremessou o rapaz ao solo e este ao cair quebrou a perna. E os vizinhos imediatamente se dirigiram ao pai mencionando:
- Que má sorte!
Mas o fazendeiro simplesmente respondeu:
- Talvez...

Estourou uma guerra naquela região e muitos pais sofreram pois quase todos os jovens, querendo ou não, foram injustamente enviados para a guerra, menos um, que foi dispensado por que estava com a perna quebrada: O filho do fazendeiro!

Tirado do libro “Sadhana, um caminho para Deus“, do místico e sacerdote católico Anthony de Mello (1931-1987).