Desintoxicarse con aceite

Na medicina alternativa fanse enxaugaduras da boca con aceite (de xirasol ou sésamo, biolóxico), procedemento moi beneficioso para a boca e o corpo. É un procedemento da medicina ayurvédica e cura 30 enfermidades como dores de cabeza, diabete, asma, problemas da pel, alerxias, infecciones da boca, reduce a placa dental, cura a xinxivite, branquea a dentadura e aperta os dentes frouxos.

A lingua é un órgano que elimina toxinas do corpo. Facer unha enxaugadura diaria con aceite elimina as toxinas de todo o corpo a través da lingua, segundo a medicina ayurvédica. Para practicalo, enxaugamos a boca cunha cullerada de aceite (de sésamo ou xirasol, de 1ª presión en frío) durante 15 a 20 minutos co estómago vacío, de preferencia pola mañá antes de beber nin comer nada e despois cóspese.

Pode repetir a operación dúas veces ao día se quer desintoxicarse máis rápido. Non trague o aceite pois tras a enxaugadura conterá parasitos, toxinas e bacterias. Non faga gargarexos, o aceite só entra en contacto coa boca. Fágao a modo.

O empeoramento dos síntomas é un excelente indicativo de que a enfermidade está en proceso de curación; mais se a reacción é demasiado forte, reduza a dose e o tempo do enxaugadura.

Esta terapia é de práctica moi común na India e xa foi comprobada medicamente como positiva para previr e erradicar enfermidades da boca. 

Fonte: Revista Mundo Natural
http://www.revistamundonatural.com/noticia.cfm?n=87#ixzz2G6Xq8OtZ

Ningún comentario:

Publicar un comentario