Amma: a compaixón é a solución

Amma, unha líder espiritual da India, coñecida tamén como a santa dos abrazos, ten falado sobre relixións e solucións aos problemas do mundo actual. Amma sinala unha palabra como solución: a compaixón.

A esencia de todas as relixións é ser compasivo cos demais. Por tanto, os líderes relixiosos deberían recalcar a importancia da compaixón a través do exemplo das súas propias vidas. Segundo Amma, nada hai máis escaso no mundo actual que os exemplos persoais. Os líderes relixiosos deberían avanzar para encher este vacío.

Outra idea que sinala Amma é a explotación da Natureza por parte dos seres humanos e a falta xeral de conciencia, a contaminación está destruíndo a Terra. Os líderes relixiosos deberían establecer campañas de concienciación respecto á importancia da protección medioambiental.

Estou de acordo con Amma, e considero que os líderes relixiosos deberían actuar máis con actos reais (exemplos persoais) e deixar de dilapidar os cartos ou de comezaren disputas inútiles inter-relixiosas, interculturais ou entre Igrexa-Estado.

"Axudar os pobres e necesitados é a verdadeira oración", di Amma, e sen compaixón todos os nosos esforzos resultarán inútiles. Todas as relixións deberían enfatizar a importancia de servir compasivamente os pobres e os que sofren.

Ningún comentario:

Publicar un comentario