Cine: Sang Woo e a súa avoa (Jibeuro)

Esta película coreana, Jibeuro (Sang Woo e a súa avoa), é unha película lineal que nos mostra as vivencias dunha avoa co seu neto. A mai de Sang Woo, separada, necesita deixar o fillo coa súa avoa unha temporada para poder buscar traballo. A avoa é muda e ten que convivir co seu caprichoso neto, que a rechaza e da que se burla. Así e todo, pouco a pouco, vai xurdindo unha amizade e pequenos cambios dun neno de quen poucos apostarían por tal mudanza.
A blogueira nekotabi dá unha explicación que, ao meu entender, está moi acorde coa película:
Para min, a avoa representa a Natureza e as ganas que temos todos de que nos coiden.
Por otra banda, o pícaro representa o egoísmo que mostramos, cando no fondo necesitamos dos demais e da natureza para vivir.

Pódese observar tamén unha crítica indirecta ao materialismo e unha exaltación da natureza e do amor. Sang woo e a súa avoa é un canto á familia e está dedicada a todas as avoas do mundo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario