Consumismo, xoguetes e SOGAMA

Vai chegando o Nadal e vén a época consumista e de compra de xoguetes para os máis pequenos. Nalgunha casa tocará facer limpeza de xoguetes vellos ou estragados. Só quero recordar que antes de tiralos ao lixo, pensemos en reutilizalos creando novos xoguetes, ou doalos a organizacións se están en bon estado. Como último recurso, se se van tirar, non deben ir aos colectores do lixo, senón a un punto limpo.

Lembremos que en gran parte de España (e en Galiza tamén) queiman o lixo e botan á atmosfera moito dióxido de carbono, e os plásticos teñen o inconveniente de soltaren á atmosfera dioxinas, de probado efecto canceríxeno (as axencias dos países non o din  porque iría en contra da súa política de queimaren o lixo). As autoridades medioambientais e os políticos que nos gobernan deben pensar máis no planeta que en desfacerse rápido do lixo. SOGAMA debe cambiar e facer unha xestión limpa (en todos os sentidos) co lixo e deixar a incineración.

Alemaña descartou a opción da incineración do lixo. En Córdoba e en Navarra non incineran, realizan reciclaxe, tratamento de residuos e compostaxe de materia orgánica; e todo isto permítelles ter unha mellor calidade das súas augas e da vida.

Ningún comentario:

Publicar un comentario