A favor de WikiLeaks

Temos un mundo con algúns gobernos, multinacionais e líderes de todo tipo (incluídos os relixiosos) cunha ética inexistente e ás veces dubidosa. WikiLeaks está ofrecendo información deses comportamentos non éticos (acompañada cos documentos orixinais en que se basea), e paréceme ben, porque eses gobernos e líderes fan moitas veces o que lles peta, ocultan e despois teñen a cara incluso de presentarse á sociedade como modelos a seguir.
Eu son partidario de destapar todo tipo de violacións, asasinatos ou abusos de todo tipo (que se fan xeralmente de maneira oculta, claro). WikiLeaks e outras organizacións semellantes son beneficiosas para limpar un pouco as inxustizas do mundo.
Necesitamos líderes e gobernos éticos, que fagan accións honestas (as palabras están ben, pero se non van acompañadas da acción son pobres e ás veces hipócritas). Por iso, para termos un mundo mellor, precisamos gobernos, medios de comunicación e líderes que defendan os pobres, que defendan os que sofren, que defendan a natureza e que fagan accións por convicción (e non por saíren na foto).

O peor de todo é que os líderes e gobernos non van facer nada polas accións ilegais que eles mesmos fixeron en numerosas ocasións, descubertas por Wikileaks, a quen poñerán como os "malos" por conseguiren información reservada. Si, usarán a táctica do despiste.
RA MA DA SA SA SE SO HOM é un boa canción para o planeta.

Ningún comentario:

Publicar un comentario