Planeta á venda

A crise financeira de 2008 fixo que os investidores bolsistas se interesen na compra de terras, sendo un investimento moi seguro a medio e a longo prazo tendo en conta o crecemento da poboación mundial. O problema podería ser que as multinacionais se fagan con gran parte das terras e co negocio da alimentación. Volvemos a estar con apropiacións de terras a xentes que as traballaron por xeracións, mais que non teñen papeis, e que llelas quitan "legalmente" (pero moi inxustamente); unha conquista de terras nada ética. E en occidente seguirán pechando fronteiras, cando se están quitando terras e botándoos. O completo vídeo, que dura 1 hora se se ven as 4 partes, ofrece bastante información:




Paréceme mal que en países como Etiopía, que posúe suficiente terra fértil para alimentar todos os habitantes etíopes, o goberno venda as terras a estranxeiros e pidan alimentos para a poboación pobre. A clave, e solución á pobreza e fame, é darlles formación e terras aos etíopes para que poidan ser autosuficientes e non teñan que mendigar nada, e o que é peor, perder o dereito á terra que sempre foi deles. Con formación e terras Etíopía faríase un país autosuficiente; así terían terra, dignidade e sairían da pobreza.

Ningún comentario:

Publicar un comentario