Roupa limpa

As multinacionais do sector téxtil ofrecen moi pouca información sobre a confección da roupa, e as condicións de elaboración da roupa faise habitualmente en países onde os dereitos dos traballadores non existen e as condicións económicas son moi beneficiosas para a multinacional. Isto pode comprobarse na recente folga que fixeron en Camboxa 800 traballadoras e traballadores, tras o cal as/os despediron (a coñecida ZARA incluída nese despedimento). Esperemos que cambien a súa actitude e as/os readmitan.
Existe a Campaña Roupa Limpa (coalición de ONGs e sindicatos), con presenza en 14 países europeos, que fai presión para que as empresas ofrezan condicións máis dignas para as traballadoras e non fai boicot a ningunha, pois non quer despedimentos senón condicións de traballo máis xustas e mellor información. Editan unha guía do consumo da roupa.
Quen queira máis información pode ir a http://www.ropalimpia.org/index.php?idi=ga .

Ningún comentario:

Publicar un comentario