
O novo e impaciente guerreiro non perdera nunca unha loita. Coa reputación do samurai, foi até ali para derrotalo e aumentar a sua fama. Todos os estudantes manifestaronse en contra da idea, pero o vello aceptou o desafío.
Xuntos, todos dirixíronse á praza da cidade e o guerreiro comezou a insultar o vello mestre. Arreboloulle algunhas pedras na súa dirección, cuspiulle na cara, berroulle todos os insultos coñecidos -ofendendo incluso os seus antepasados-. Durante horas fixo todo por provocalo, pero o vello permaneceu impasíbel. Ao final da tarde, sentíndose xa canso e humillado, o impetuoso guerreiro retirouse.
Desilusionados polo feito de que o mestre aceptara tantos insultos e provocacións, os alumnos preguntaronlle:
- Mestre, como puido aturar tanta indignidade? Por que non usou a sua espada, aínda sabendo que podía perder a loita, en vez de se mostrar covarde diante de todos nós?
O mestre preguntoulles:
-Se alguén chega até vós cun regalo e non llo aceptades, a quen pertence o regalo?
-A quen o intentou entregar- respondeu un dos alumnos.
-Pois o mesmo vale para a envexa, a rabia e os insultos -dixo o mestre-. Cando non se aceptan, continúan pertencendo a quen os levaba consigo. A paz interior depende exclusivamente de cada persoa. As outras persoas non poden quitarlle a serenidade, só se un o permite.
Ningún comentario:
Publicar un comentario