Ubuntu: Eu son porque nós somos

Un antropólogo propuxo un xogo ás nenas e nenos dunha tribo africana. Puxo unha cesta chea de frutas debaixo dunha árbore e despois díxolles aos meniños e meniñas que o que chegase primeiro gañaría todas as frutas.
 
Cando deu o sinal para que corresen, todas as crianzas agarráronse das mans e correron xuntos; despois sentáronse xuntos a gozar do premio. 

 
Cando o profesor lles preguntou por que razón correran agarrados, se só un podía ganar todas as frutas, respondéronlle:

- UBUNTU, UBUNTU,
como un de nós podería estar feliz se todos os demais están tristes?

UBUNTU, na cultura Xhosa significa: "Eu son porque nós somos."

Ningún comentario:

Publicar un comentario